-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular denuncia que os dispositivos de seguridade do edificio administrativo do seminario levan anos desconectados

 
 
07/10/2009
grupo municipal
     
 
  • Castiñeria acusa aos socialistas de falta de planificación e improvisación.
  • O Grupo Popular pide ao Goberno Local que estude a posibilidade de que "a policía faga, de forma periódica, roldas interiores polos edificios municipais".
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular denuncia que os dispositivos de seguridade dos que dispón o edificio administrativo do seminario levan anos desconectados. O concelleiro Jaime Castiñeira mostrouse sorprendido pola despreocupación con respecto á seguridade nun dos edificios que máis expedientes almacena: "É a segunda inundación que se produce no edificio en pouco máis de tres meses e nin o Alcalde, nin o concelleiro de protección da comunidade saben contestar se se utilizou o seguro, en xullo, para indemnizar os danos ocasionados no edificio do seminario por causa das inundacións rexistradas no verán". "Como imos estar tranquilos se non saben nin o que cobre o seguro do Concello"", pregúntase desde o PP.

O concelleiro popular Jaime Castiñeira, afirma que o Goberno Local "non se pode lavar as mans e eludir responsabilidades". O edil popular explicou que é incomprensible que recoñezan que non houbo ninguén pendente da situación das obras pese ao anuncio de choivas "para que facer unha dobre vixilancia"", indicaron os responsables locais.
 
       
 
Os populares explicaron que a empresa que executa a obra da remodelación da cuberta non tiña chave para acceder ao interior. Para os populares o Goberno Local tiña que prever "darse unha volta durante o fin de semana para controlar desde dentro os puntos de risco" á vista da importante documentación que alberga o edificio e do que xa pasou no verán.

Foto

O Edificio da Praza Maior tamén ten pingueiras, pero de menor entidade

 
     
 
 
     
 

Os populares pedían esta mañá por escrito unha relación de expedientes e materiais afectados para coñecer o verdadeiro alcance das inundacións no edificio municipal.

Outros casos.-

Este caso de inseguridade en edificios de titulariedad municipal súmase a outro recente denunciado polo PP relativo ás dependencias da Policía Local onde se rexistraron roubos en despachos de billetes e na armería.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo