-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular critica a falta de previsión de Orozco na inundación do edificio administrativo do seminario

 
 
06/10/2009
grupo municipal
     
 
  • En xullo xa tiveron un susto porque entrou auga na terceira planta e hoxe todo o edificio tivo que ser desaloxado.
  • Hai cuantiosas perdas materiais, moitas irreparables, que afectan a documentos e expedientes.
  • Os populares acusan a Orozco de ser "incapaz de controlar as empresas que ten ao seu cargo".
 
barra
           
 

Os populares piden explicacións ao Goberno Local pola entrada de auga que obrigou esta mañá a desaloxar por completo o edificio de oficinas do seminario. "Queremos coñecer o alcance dos danos ocasionados, porque temos noticia de que foron cuantiosos e algúns irreparables (en documentación, material informático e mobiliario...) así como as medidas a adoptar".

Para o Grupo Municipal Popular é incomprensible que coas previsións do tempo que había ninguén comprobase que se tomaron as medidas oportunas para que non se repetise esta situación. Hai que recordar que non é a primeira vez que por mor das obras de remodelación da cuberta deste edificio prodúcese unha inundación.

 
       
 
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, lamenta que unha vez máis, pola falta de previsión do Goberno Local, repítase esta situación. Este caso é moito máis grave que o da inundación que tivo lugar o pasado 24 de xullo. Naquela ocasión a entrada de auga causou problemas na terceira planta do inmoble, pero hoxe todo o edificio está afectado; de feito desaloxouse por completo e está previsto que mañá siga pechado ao público.
Foto
 
     
 
 
     
 

Para os populares este suceso confirma a "improvisación" do equipo de goberno que non é capaz nin de garantir a seguridade dos seus edificios e de controlar as empresas que ten ao seu cargo. Hai que recordar que houbo máis casos de edificios afectados polo descontrol que hai no servizo de obras.

Os populares cren que este suceso dá unha mala imaxe aos cidadáns do seu Goberno: Como van ser capaces de xestionar as obras da cidade se son incapaces de arranxar os problemas que teñen dentro de casa?

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo