| |
O Grupo Municipal Popular pide un pacto de distintas administracións para pór en valor a Muralla
|
|
| |
01/10/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Os populares defenderán no pleno unha iniciativa para que se asine un convenio no que se estableza un sistema estable nas tarefas da limpeza, vixilancia e conservación do monumento romano.
-
A pouco máis de dous meses da celebración do aniversario da Muralla os populares esixen que se lles convoque para programar e consensuar os actos.
-
Hai un acordo plenario de decembro de 2008 que Orozco incumpre para impor o seu programa "a bulir e de forma improvisada".
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular proporá ao Pleno da Corporación lucense que impulse un pacto de distintas administracións para pór en valor A Muralla Romana de Lugo. A iniciativa que defenderán os populares ante a Corporación "debería ser obxecto do máximo consenso". O que se solicita é "apostar por un mecanismo estable na tarefa da limpeza, vixilancia e conservación da Muralla".
Para os populares chegou o momento de pór de acordo ao Ministerio, a Xunta e o Concello para conseguir unha idónea promoción da Muralla. Este convenio de colaboración é a única vía estable, segura, e fiable para regular as intervencións que se relacionen co monumento romano. |
|
| |
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
| |
Incumpren acordos plenarios.-
Ao fío desta iniciativa, desde as filas populares criticouse o nulo esforzo por parte do Goberno Local para consensuar aspectos relativos ao próximo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Orozco e os seus non respectan nin cumpren os acordos plenarios se non se adaptan ás súas conveniencias.
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Os populares refírense á convocatoria da Comisión de Cultura que se acordou celebrar con antelación para debater o programa de actos: "descoñecemos se hai previsión para actos conmemorativos, pero todo apunta a que non están polo labor de contar cos demais e que improvisarán".
Hai que recordar que en decembro de 2008 aprobouse unha Proposición a iniciativa do Partido Popular pola que se acordou consensuar os actos para a celebración do noveno aniversario da Muralla. Desde o Grupo Popular xa se puxeron sobre a mesa dúas propostas:
Organizar unha proba deportiva de ámbito autonómico ou nacional para pór en valor a Muralla.
Durante a semana da conmemoración abrir, de forma gratuíta, o Centro de Interpretación da Muralla.
|
|
| |
|
|