| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pide un novo concurso para a xestión do centro de día Antonio Gandoy
|
|
| |
01/10/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
A concelleira popular Sofía López Linares pide ao Goberno Local que se convoque un novo concurso para a xestión do centro de día Antonio Gandoy, mellorando as condicións do mesmo para facelo máis atractivo ás posibles empresas interesadas.
Os populares recordan que na mesa de contratación, celebrada este luns, o concurso para adxudicar este servizo quedou deserto. O Concello ofrecía 374.427 euros ao ano e ningunha empresa mostrou interese en facerse cargo. O goberno local anunciou a intención de recorrer ao procedemento negociado, mellorando as condicións económicas para facer máis atractiva a oferta. |
|
| |
|
|
|
| |
A concelleira Sofía López Linares, tras manter varias reunións con entidades que expresaron o seu interese en encargarse da xestión do Antonio Gandoy, se cambian algunha das condicións do concurso, puxo de manifesto que "non parece lóxico que se melloren as condicións pero só se ofrezan a quen designe o Goberno. O normal é que se se melloran as condicións económicas se de unha nova oportunidade para todos, e déase opción a todas as empresas do sector interesadas, garantindo así unha igualdade de condicións". |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Alargar o proceso.-
O argumento esgrimido por Orozco, para non convocar un novo concurso é que "alargaría moito o proceso". Este argumento non parece razoable, dado que en a actualidade o servizo está cuberto por unha empresa e os usuarios atendidos ata que se resolva o concurso.
"Non entendemos que agora lles entren tantas présas, cando hai casos en que algúns servizos estiveron máis de dous anos cubertos de forma provisional ata que levou a cabo o correspondente concurso. Tendo en conta que o servizo está cuberto e que os usuarios están atendidos, parécenos máis razoable que se fagan ben as cousas, aínda que tarden un mes máis".
|
|
| |
|
|
|
|