| |
O Grupo Municipal Popular acusa a Orozco de "falta de vontade" para solucionar a polémica das torres das costas do Parque
|
|
| |
29/09/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
O Alcalde, presidente da comisión especial de planeamento, non acudirá á reunión convocada para mañá.
-
O PP anuncia que pedirá a comparecencia da responsable de urbanismo no próximo pleno.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular mostrou o seu "decepción" pola "actitude inmovilista" do Goberno Local ante a construción das torres das costas do Parque de Rosalía de Castro.
A percepción dos populares é que o goberno municipal "acudirá a esta comisión especial de estudo de planeamento sen ánimo de buscar unha solución. Nin tan sequera estará o Alcalde", matizou o concelleiro popular Jaime Castiñeira. Para os populares esta reunión ten suficiente entidade como para que estea o máximo responsable do goberno: "parece que prefire utilizar aos seus para salvar a cara". |
|
| |
|
|
|
| |
Os populares piden a Orozco que "non se esconda e dea a cara nun asunto moi prexudicial para os intereses dos lucenses, que podería terminar en pago de indemnizacións millonarias" e nese sentido xa anunciaron que pedirán a comparecencia no Pleno da responsable de urbanismo. |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Os populares expuxeron a reunión da comisión especial de estudo de planeamento (que se convocou mañá mércores, a instancias do PP) como unha oportunidade para "entre todos" buscar unha solución a esta polémica urbanística. "A idea do PP é tratar de rebaixar o volume das edificacións que se están levantando nesta zona". Desde agosto de 2005 os populares presentaron as súas propostas encamiñadas a modificar os volumes que se expuxeron: "hai opcións menos agresivas: pódese proxectar un conxunto aterrazado máis baixo con bloques separados evitando a sensación de muralla do actual proxecto". |
|
| |
|
|