-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pide aclaracións pola contratación de novo persoal para o fogar do transeúnte

 
 
28/09/2009
bienestar
     
 
  • López Linares afirma que "isto é unha tapadeira dos conflitos laborais que Basadre é incapaz de resolver".
  • Os populares entenden que "neste momento a contratación carece de sentido" porque as comidas que se sirvan, no fogar do transeúnte, rebaixaranse ao redor de 25 comidas polo traslado dos usuarios do Antonio Gandoy ao centro Maruja Mallo.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal do Partido Popular pide explicacións ao Goberno Local pola recente contratación dunha traballadora eventual para o Fogar do transeúnte.

A concelleira Sofía López Linares reclama a Basadre que xustifique o gasto dos 22.000 que custará aos lucenses este traballador. Os populares entenden que os 8 traballadores do centro son suficientes para cubrir a demanda actual: "a diario, nestas dependencias, estanse dando entre 20 e 40 comidas". Aínda que é certo que en agosto se duplicou o traballo, porque estaba pechado o comedor de Cáritas de San Froilán, agora prevese, ata, unha rebaixa de traballo porque se liberan da preparación das comidas para os usuarios do Centro de día Antonio Gandoy que pasan a depender do Centro de Maruja Mallo.
 
       
 
Sofía López Linares esixe á concelleira responsable que "poña orde no servizo antes de contratar a ninguén máis". Nese sentido explica que existe malestar entre os funcionarios polos problemas internos "os conflitos persoais aos que Basadre é incapaz de pór remedio levan enquistados máis dun ano".
Foto
 
     
 
 
     
 

Os populares insisten en que "non é de recibo que se intente solucionar un conflito laboral acomodando a outra persoa a conta de todos os lucenses".

Sofía López Linares aclara que en ningún momento pon en cuestión a necesaria prestación dun servizo tan necesario como o que se está dando no fogar do transeúnte.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo