| |
O Grupo Municipal Popular, facéndose eco das queixas de veciños da zona da Porta Miñá, denuncia que nas obras de reforma da rúa do Carmen non se están deixando nas beirarrúas rebáixelos e a entrada para acceder a rúa do Vicedo, tal e como se contempla no vixente Plan Xeral.
No propio proxecto contémplase o rebaixe da beirarrúa para facer a entrada a rúa Vicedo, e hai que indicar que esta entrada é utilizada regularmente por unha serie de veciños, tanto por residir nela como para acceder á parte posterior de locais comerciais da Rolda da Muralla.
O Grupo Municipal Popular denuncia tamén a "intransixencia" do señor Piñeiro, concelleiro de infraestruturas, que non deixou o rebaixe tal e como figura no proxecto da obra, estando avisado polos veciños da situación. |
|