| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular propón o edificio do Hospital de San José como localización para un Parador Nacional de Turismo
|
|
| |
25/09/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Os populares piden ao goberno municipal que faga as xestións necesarias para que esta infraestrutura sexa unha realidade.
-
Reclaman que se inste á Xunta a renunciar á titularidade do edificio, e que a Deputación estea disposta a abrir un proceso negociador co Ministerio de Industria para situar neste inmoble o Parador.
-
Os populares queren que o Concello lidere esta operación despois de que o Alcalde apoiase a petición presentada polo PP no último Pleno.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, avanzou as iniciativas que presentarán no próximo pleno. García Díez puxo de manifesto que entre as proposicións que se rexistraron hoxe figura unha proposta para que Lugo teña un Parador de Turismo no Hospital de San José.
Os populares reclaman ao goberno municipal que leve a cabo todas as xestións necesarias e colaboración para que esta obra sexa unha realidade. Nese sentido, na proposición piden á Xunta a renunciar a que o edificio inclúase dentro do paquete de transferencias de hospitais provinciais, que actualmente se está negociando. |
|
| |
|
|
|
| |
O portavoz popular pide que se inste tamén á Deputación para que poña estes edificios a disposición do Goberno Central, en concreto ao Ministerio de Industria, para situar un Parador. Nese sentido os populares reclamarán que Madrid reserve unha partida, nos orzamentos de 2010, para realizar un estudo para levar a cabo esta infraestrutura para que se dote a Lugo dun Parador Nacional de Turismo. |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
García Díez recorda a Orozco que "no Pleno de setembro manifestou que era favorable a idea do PP de impulsar a creación dun parador. Por iso estamos seguros que recibirá con entusiasmo esta proposta".
Un lugar privilexiado.-
Despois de que se pechase a posibilidade de situar un Parador Nacional no cuartel de San Fernando, os populares apostaron por situar esta instalación no Hospital de San José.
Aínda que que está fóra da contorna amurallada, está situado a escasos metros de Muralla e a Catedral. Conta cunha zona axardinada propia e ademáis está xunto ao Parque de Rosalía, nunha contorna de fácil acceso e moi tranquilo.
|
|
| |
|
|
|
|