-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pregunta a Orozco por que asinou un convenio que evitou que se reducise a edificabilidade das torres do parque

 
 
24/09/2009
urbanismo
     
 
  • Os populares recordan que a firma do acordo fíxose en xunta extraordinaria o sábado 31 de decembro de 2005.
  • De esperar ao día 1 de xaneiro veríase reducida a edificabilidade (pola entrada en vigor da Lei do Solo) en máis dunha cuarta parte.
 
barra
           
 
O Grupo Popular porá sobre a mesa da reunión da Comisión Especial de Estudo de Achaiadura, que se acaba de convocar a petición dos populares, "que antes de recorrer a decisión dos tribunais promóvase unha reunión entre Concello e promotor para conseguir que se rebaixen os volumes dos edificios que se prevén construír nas costas do parque".
 
       
 
Os populares saíron ao paso dos insultos que lles dedica o señor Alcalde: "non ten argumentos para defender a decisión que adoptaron el e o seu entón concelleiro de urbanismo, o señor Besteiro. Ambos renunciaron a que o proxecto das costas do parque perdese edificabilidade".
Foto
 
     
 
 
     
 
"Orozco e Besteiro sabían perfectamente o que tiñan entre mans, e convocaron unha xunta extraordinaria que se celebrou o sábado, día 31 de decembro de 2005". Esta reunión "in extremis" evitou a rebaixa en máis dunha cuarta parte da volumetría das edificacións que contemplaba a lei do chan, aprobada polo PP, que entraba en vigor o día 1 de xaneiro de 2006.

Os populares sempre manifestaron as súas dúbidas pola firma do convenio co propietario dos terreos das costas do parque. No caso dos seis edificios de nove plantas do parque, "que casualidade", a xestión urbanística fíxose nun prazo menor de cinco meses, moito menos do que se tarda normalmente para dar licenza a calquera veciño.

O Grupo Popular insiste en que o Goberno Local tivo na súa man a oportunidade de modificar a licenza do acordo que lle daba a edificabilidade do plan do 90. "Cando se presenta un PERI entréganse infografías e o Alcalde e Besteiro estiveron de acordo co proxecto a pesar das alegacións que presentou o Grupo Popular para evitar o brutal impacto destas construcións".
 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo