| |

         
|
|
| |
Queda deserto o concurso para a adxudicación da xestión do Matadoiro
|
|
| |
23/09/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Defectos de forma da documentación remitida pola única aspirante, a empresa Novafrigsa e o incumprimento das condicións de mantemento de contratos dos traballadores impiden adxudicar o contrato.
-
O Grupo Municipal Popular pide que se aproveite esta oportunidade para corrixir erros e buscar consenso cos usuarios do matadoiro, moi prexudicados polo camiño que estaba tomando o Goberno de Orozco.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
Na mesa de contratación na que se abriron as plicas faltaba documentación. Concedeuse un prazo de tres días para emendar os "defectos de solvencia técnica" da proposta de Novafrigsa.
A empresa Novafrigsa presentou a documentación que faltaba, acreditando instalacións, horarios, condicións ambientais" pero se cometeu un erro de forma. No sobre de "melloras e plan de xestión", de documentación técnica, incluíronse as tarifas, que terían que ir a outro departamento. |
|
| |
|
|
|
| |
O máis grave, a xuízo do Grupo Municipal Popular, é que a empresa aspirante non subrogaba as condicións dos traballadores, condición indispensable segundo o prego de condicións. |
|
|
| |
|
|
| |
Présas e chapuzas.-
O Grupo Municipal Popular mantén que este tema non se levou ben. "Aínda que todos compartimos que é un problema que había que solucionar, e ata apoiamos que se busquen fórmulas, parece evidente que se confirma o que vimos dicindo desde o verán, que isto se levou con nocturnidade e demasiadas présas".
Proposta de futuro.-
Ao quedar deserto o concurso o procedemento terá que reiniciarse o que dá, a xuízo do Grupo Municipal Popular, a oportunidade de que o Goberno "enmiende os seus erros".
Os populares manteñen que esta situación permite abrir un proceso de "diálogo real, e non de face á foto" con todos os interesados, e que o que se pode ver como unha mala noticia pode converterse nunha "oportunidade de mellorar" se se enfoca correctamente.
"Reiteramos a nosa disposición a participar nese diálogo, aínda que cremos que é imprescindible contar cos representantes dos usuarios e os sectores afectados para buscar a mellor solución". |
|
| |
|
|
|
|