-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular acusa de triunfalismo a Orozco mentres veciños de Lugo están pasando malos tempos

 
 
21/09/2009
grupo municipal
     
 
  • O Grupo Municipal Popular advirte ao Alcalde sobre a súa prepotencia e falta de humildade.
  • Os populares piden ao Alcalde que "traballe por Lugo" e que tome unha serie de medidas ineludibles.
 
barra
           
 

O Grupo Municipal Popular pediu onte ao Alcalde de Lugo que traballe por Lugo, pondo por diante os intereses da cidade fronte ás súas "lexítimos intereses políticos".

 
       
 
O presidente provincial do PP e concelleiro do Grupo Municipal Popular, José Manuel Barreiro, acusou a Orozco dun discurso "falto de humildade" e que mostraba un panorama idéntico ao do ano pasado. "Non se avanzou nada nun ano, ou polo menos iso dedúcese das palabras do Alcalde, que ata copiou parágrafos enteiros do seu discurso do ano pasado porque non se melloraron moitas cousas".
Foto
 
     
 

Propostas concretas.-

Os populares tamén pediron a adopción dunha serie de medidas fundamentais para Lugo:

Facer un rigoroso control do gasto e un plan de austeridade, evitando despilfarros e gastos innecesarios.

Priorización dos investimentos, xa que sabemos que o diñeiro non van chegar para pór en marcha todo o previsto nuns orzamentos irreais.

Reforma do PEPRI para beneficiar a rehabilitación do casco histórico.

Estudo integral de Lugo, para coñecer con certeza as necesidades da cidade e evitar que se fagan obras continuamente no mesmo sitio (caso de Ramón Ferreiro) mentres outras rúas da cidade non teñen cubertos os seus servizos máis básicos.

Reforma do transporte urbano, para evitar a sangría de pasaxeiros causada por unha mala xestión.

Saneamento rural, do que leva falando anos pero que segue estancado.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo