-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular responde ao BNG que non tema polo futuro da Tinería, xa que o PP, que comezou o proxecto, terminarao

 
 
18/09/2009
urbanismo
     
 
  • O procedemento para rehabilitar a Tinería comezou nos gobernos do Partido Popular. O propio Alberto Núñez Feijóo foi o que puxo a primeira pedra da rehabilitación cando era Conselleiro de Ordenación do Territorio.
  • O proxecto tivo innumerables impedimentos administrativos no Concello de Lugo (demora en licenzas de obras).
  • As declaracións feitas no día de onte por representantes nacionalistas, pretenden claramente patrimonializar o traballo feito no casco histórico de Lugo.
 
barra
           
 
Tras unha infinidade de traballos previos (administrativos, orzamentarios...) a Xunta de Galicia gobernada polo Partido Popular, foi a que deseñou, impulsou e ata rematou moitos dos proxectos da rehabilitación do barrio da Tinería de Lugo. Cabe sinalar que o proxecto tivo innumerables impedimentos administrativos no Concello de Lugo (demora en licenzas de obras).

Cando o bipartito accedeu á Xunta, atopouse cun proxecto encarrilado e, tal e como recoñeceron os responsables, un bo labor. Atoparon un futuro da Tinería, con 52 escrituras de adquisición asinadas para a súa rehabilitación e varios inmobles practicamente rematados e listos para entregar. Para facer unha comparación, en catro anos de bipartito asinaron unicamente 2 escrituras de compra e dúas modificacións de proxectos.

Foi o propio Alberto Núñez Feijóo, na súa etapa de Conselleiro de Ordenación do Patrimonio, o que puxo a primeira pedra do proxecto, e tamén o que levou a cabo gran parte das actuacións feitas.
 
       
 
Patrimonialización.-

Jaime Castiñeira ve nas declaracións do BNG un intento de patrimonializar a rehabilitación da Tinería de Lugo, o que é pouco crible xa que "viñeron inaugurar obras feitas polo Partido Popular".

Para os populares é rechamante que o BNG siga a táctica do Alcalde de Lugo, que no seu momento intentou tamén dar a imaxe de que a peonalización no centro fora obra do seu goberno, cando "de todos os lucenses é sabido que foi un goberno do Partido Popular que tivo a valentía e a decisión de peonalizar o casco histórico de Lugo".
Foto
 
     
 

Tanto PSOE como BNG ven obrigados a facer este tipo de "manobras de distracción", xa que ao non ter logros propios dos que presumir teñen que tirar das obras e proxectos do Partido Popular.

O futuro da rehabilitación que o Partido Popular.-

O Partido Popular deixou hoxe claro que a Xunta de Galicia continuará coa rehabilitación do barrio da Tinería e coas políticas de rehabilitación galegas. Jaime Castiñeira afirma que o goberno de Alberto Núñez Feijóo non vai deter a rehabilitación da Tinería, só está facendo un reaxuste obrigado pola insuficiencia de diñeiro fixada nos orzamentos herdados do bipartito. O diñeiro consignado, uns 2,4 millóns de euros, xa foi esgotado, o que mostra que o proxecto segue en marcha.

O programa electoral do Partido Popular aposta pola rehabilitación, seguindo coa súa traxectoria neste campo, no que foi pioneiro pondo en marcha en Galicia todos os programas, tanto en zona rural como urbana.


Fai tan só dous días, a Xunta anunciou un plan para rehabilitación de edificios no Camiño de Santiago, o que beneficiará a Lugo, xa que está situado no Camiño Primitivo. Ampliáronse os obxectivos de rehabilitación nun 50%.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo