-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

A Xunta cumpre con Lugo e comezará a limpeza integral da Muralla en outubro

 
 
17/09/2009
grupo municipal
     
 
  • Tal e como anunciou en xullo o Director Xeral de Patrimonio, as obras comezarán a primeiros de outubro.
  • O PP ve "oportunismo" nunha iniciativa debatida hoxe no Parlamento de Galicia sobre este tema presentada polo PSOE.
  • "Saben que imos cumprir os nosos prazos e presentan esta iniciativa para intentar colgarse as medallas"
 
barra
           
 
A Xunta de Galicia cumprirá de xeito escrupuloso os seus compromisos e prazos, anunciados o pasado mes de xullo polo Director Xeral de Patrimonio, José Manuel Rei Pichel. Deste xeito, os traballos de limpeza integral do noso principal monumento comezarán a primeiros de outubro, que foi a data comprometida.

Oportunismo político.-

O Alcalde de Lugo abriu a polémica este verán co anuncio dunha especie de "marcha verde" na que pedía aos cidadáns que acudisen con el a limpar herbas. Tratouse dun evidente exercicio demagóxico xa que Orozco, que foi Delegado de Cultura da Xunta en Lugo, sabe perfectamente que "isto non é segar un prado, é preciso contar con persoal adecuado". Calquera outro enfoque é unha irresponsabilidade, xa que estamos falando dun monumento Patrimonio da Humanidade que precisa duns coidados rigorosos.

Os populares ven na iniciativa debatida hoxe no Parlamento de Galicia unha nova mostra de oportunismo político por parte do PSOE. Os socialistas, sabendo que o Partido Popular cumpre os seus prazos e compromisos, presentaron esta iniciativa para ser debatida uns días antes de que comecen os traballos, coa esperanza de "colgarse unha medalla" ante a cidadanía, que vería como a poucos días de debaterse este tema comezaría a limpeza.

"Certas casualidades non existen, e se presentaron esta iniciativa agora é porque non saben como facer penitencia ante os cidadáns por non facer nada pola Muralla nestes catro anos".
 
       
 
Traballos previos.-

A limpeza da Muralla de Lugo non é un tema menor. Os populares recordan que "para adxudicar o coidado e limpeza dun monumento Patrimonio da Humanidade hai que facer unha serie de traballos previos: proxecto, dirección de obra, obtención da licenza, adxudicación dos traballos e, finalmente, comezo da obra".
Foto
 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo