| |

         
|
|
| |
O Presidente da Xunta abrirá unha porta da Muralla en San Froilán
|
|
| |
16/09/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, será o encargado de abrir unha das dez portas da Muralla de Lugo na edición deste ano das festas patronais de San Froilán.
Desde o Grupo Municipal Popular congratúlanse desta decisión do Presidente, que confirma a súa relación de especial vinculación coa nosa cidade. |
|
| |
|
|
|
| |
Os demais designados polo PP para a apertura das portas son a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o Presidente Provincial do PP, Senador, deputado provincial e concelleiro José Manuel Barreiro, e o exalcalde, membro do Congreso dos Deputados por Lugo e portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez. |
|
|
| |
|
|
| |
Utilizar as festas.-
Onte a concelleira nacionalista Paz Abraira, afirmou que PP e PSOE queren "utilizar as festas". O Grupo Municipal Popular non quere polemizar con este tema, pero entende que se o acordo é designar representantes políticos o lóxico é que cada partido traia a quen considere conveniente. O Grupo Municipal Popular cumpriu o acordado na Comisión, e xa que logo nomeou seguindo os criterios pactados.
|
|
| |
|
|
|
|