-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pide que se reforce o mantemento da sinalización viaria

 
 
13/09/2009
interior
     
 
  • Os populares farán un recoñecemento de todos os barrios e comunicarán ao equipo de goberno as deficiencias que detecten
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular critica a desidia do Goberno Local no mantemento da sinalización viaria. Os populares anunciaron que "en aras a colaborar para mellorar os casos que a diario denuncian veciños de Lugo" chequearán todos os barrios da cidade e que presentarán un informe das deficiencias que atopen.

Enrique Rozas considera "que se é importante o mantemento do mobiliario urbano aínda debemos preocuparnos moito máis por ter en excelentes condicións a sinalización viarias xa que repercuten de forma directa na seguridade dos cidadáns".

O punto de partida deste percorrido é a zona de Augas Férreas e Avenida de Magoi. En concreto en Afonso X O Sabio onde chama a atención a duplicidade de pasos de peóns xusto na intersección desta vía coa Avenida de Magoi. "Sabería o cidadán por que paso de peóns cruzar?".
 
       
 
Outro exemplo moi gráfico de que o Goberno Local necesita reforzar o mantemento da sinalización é o dun sinal de cálea Cantigas e Flores "que leva tirada no medio da vía máis dun mes": primeiro estivo tirado no xardín, e ata quedou a súa silueta marcada no céspede e agora na beirarrúa.
Foto
 
     
 

Un caso curioso de desidia témolo no aparcadoiro que hai na parte traseira da Carballeira. No medio da chaira hai un báculo dun farol seccionado. Leva moito tempo nese estado e ata se pintou para que fose máis visible.

Noutra orde de cousas o concelleiro popular recorda a petición que efectuou o pasado mes de marzo, onde solicitaba que se corrixa a colocación indiscriminada de elementos nalgunhas beirarrúas da nosa cidade, en concreto referíase á que discorre pola rúa Afonso X o Sabio, onde o peón que transita por un tramo dela, ten que sortear unha cabina telefónica, un carril bici, un poste da luz con papeleira incluída, un semáforo e un cadro de regulación semafórica entre outros obstáculos. Supón un perigo para os peóns, xa que teñen que baixar e volver subir da beirarrúa.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo