| |

         
|
|
| |
A inflexibilidad do Goberno impide aprobar o regulamento de participación cidadá
|
|
| |
11/09/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
A elección democrática de pedáneos, que o Goberno non está disposto a asumir a pesar de haber un acordo plenario nese sentido e que a normativa local vixente xa o recolle, é o principal escollo para un acordo.
-
Esta elección condiciona tamén a composición dos órganos de representación cidadá e do Distrito Rural.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
Non se puido chegar a un acordo na reunión que mantiveron os grupos políticos con representación no Concello de Lugo sobre o regulamento de participación cidadá. PP, PSOE e BNG están de acordo na maioría dos puntos deste regulamento, pero un asunto impide o consenso: a elección democrática de pedáneos.
A inflexibilidad do Goberno Local respecto deste asunto ameaza con paralizar a tramitación do regulamento, o que o Grupo Municipal Popular non alcanza a entender. A concelleira Cristina Ares pensa que "a ver como explica o Goberno Local, que sempre se di paladín da democracia, que paraliza un regulamento de participación porque non quere asumir unha elección democrática dos pedáneos".
Normativa e iniciativas plenarias.-
No pleno do 3 decembro de 2007 a Corporación debateu e aprobou unha iniciativa do Grupo Municipal Popular para abrir un proceso electoral democrático de pedáneos. A día de hoxe, o Goberno de Orozco segue sen acatar este mandato do Pleno.
O argumento do Alcalde é que a lei non lle obriga a elixir democraticamente aos pedáneos, pero o que non di é que tampouco hai ningún precepto que o impida a nivel xeral. No tocante ao Concello de Lugo, o regulamento de participación cidadá en vigor si recolle o deber de elixir de forma democrática aos pedáneos. |
|
| |
|
|
|
| |
En calquera caso, os populares indican que "se un é realmente demócrata o que busca son camiños para dar a posibilidade aos veciños de elixir aos seus representantes, e non escusas para impedilo. O Alcalde vai contra corrente e segue intentando impor porque non confía en que os veciños apoien a "os seus" candidatos". |
|
|
| |
|
|
| |
Proposta de desbloqueo.-
O Grupo Municipal Popular presentará nos próximos días unha proposta para intentar desbloquear esta situación. Cristina Ares indica que "o PP, unha vez máis, de xeito construtivo presentará un modelo alternativo que esperamos que sexa asumible polos membros da Comisión, incluíndo ás asociacións, ao Goberno e ao outro grupo da oposición". En calquera caso, "é significativo que os que teñen as responsabilidades de goberno estean dispostos a non sacar adiante o novo regulamento de participación por non querer arriscarse a recibir unha derrota electoral nas parroquias".
|
|
| |
|
|
|
|