-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O grupo popular denuncia "fraude" nas obras do Plan E no rural

 
 
09/09/2009
rural
     
 
  • Un treito da pista de Tirimol quedou sen rematar a pesar de estar a obra anunciada e cun orzamento consignado
 
barra
           
 
O Grupo Popular pide explicacións ao Goberno Local dos motivos polos que deixaron sen asfaltar "algo máis dun quilómetro da pista que une A Brea ata o límite de Outeiro de Rei".

Os populares comprobaron que esta obra do Plan E conta cun orzamento de 143.740 euros e un prazo de execución dun mes que xa rematou. A actuación afectaba a un treito de tres quilómetros da pista que vai desde a Nacional VIN ata o límite de Outeiro de Rei por Bagueixos e A Brea.

Para o edil, Manuel López, é "impresentable" que non se complete a obra "deste eixo viario principal" da parroquia de Tirimol. Os populares critican o goberno local deixe "a medias" a obra e esixen saber se se vai a acabar e en que prazo. Os veciños están preocupados porque temen que non se retome o traballo, o edil popular pregúntase "quen ve a responsabilizarse desta desfeita"".
 
       
 
Os populares pon o acento nesta denuncia ao recordar que mentres se abandona a estes veciños o goberno socialista está levando a cabo actuacións que se fan ao amparo do Plan E e "non lles ruboriza nin o máis mínimo" que as pistas en cuestión cheguen, en moitos casos, ata a mesma porta da casa dos pedáneos.
Foto
 
     
 
 
     
 

O PP xa denunciou "a falta de planificación e criterio" doutras obras do Plan E no Concello de Lugo como o da Avenida de Ramón Ferreiro. Trátase doutro caso de "malgasto claro" xa que nunha obra, na que se investiron 700.000 euros, non se tocou á rede de sumidoiros que é dos anos 50 o que obrigará "nun prazo duns dez anos a volver meter a picaraña de novo". Os populares recordan que con esta é xa a quinta remodelación que o goberno de Orozco fai desta vía.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo