-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular lamenta que Orozco renuncie estudar todas as alternativas posibles da intermodal

 
 
09/09/2009
grupo municipal
     
 
  • Unha vez máis o Alcalde evita buscar propostas de consenso e abrir unha mesa de diálogo onde teñan voz os técnicos.
  • Aos nacionalistas replícalles que non teñen un guión de ruta e que a súa actitude só xera confusión.
 
barra
           
 
O portavoz do Grupo Popular, Joaquín García Díez, critica que o Alcalde queira liderar o futuro da estación intermodal unicamente da man do Ministerio de Fomento. García Díez afirma que Orozco non buscou, en ningún momento, o apoio da Corporación e que non fixo nin o máis mínimo esforzo en buscar propostas de consenso.

A pesar de que hoxe o Alcalde informou telefonicamente ao portavoz do PP do contido da reunión, os populares consideran que debía convocarse a mesa de traballo que o PP pediu na xunta de portavoces na que se puidesen sobre a mesa diferentes alternativas. "O Ministerio debería barallar todas as opcións posibles, algo que renuncia a facer o Alcalde". O portavoz popular non considera adecuado que o Alcalde utilice a desculpa de reunir o Consello Económico e Social para xustificar que abre unha mesa de diálogo. "Todos sabemos que este formato non permite ningunha marxe de manobra".
 
       
 
Para rematar desde o Grupo Popular considérase positivo buscar a colaboración institucional e que se teña moi en conta a opinión da Xunta polas competencias que ten pola titularidade da estación de autobuses.
Foto
 
     
 
 
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo