-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular critica que a menos dun mes do San Froilán, non se convoque a comisión de festas

 
 
08/09/2009
cultura
     
 
  • Os populares afirman que "este é o verdadeiro modus operandi" de Orozco: predica participación e logo pecha as vías de diálogo.
 
barra
           
 
 
       
 
"Desde a Alcaldía preconízase o feito de que os lucenses acheguemos iniciativas, pero en realidade, seguimos vendo que é mera teoría. Seguen actuando coma se tivesen maioría absoluta". Para os populares é ofensivo que "decatémonos polos medios de comunicación do programa do San Froilán".
Foto
 
     
 
 
     
 

Os populares consideran que nas reunións trátaselles como "convidados de pedra" cando as achegas que fan son en positivo por exemplo a colocación das jaimas que se propuxo na pasada edición.

Noveno aniversario Muralla.-

A concelleira popular aproveitou para denunciar outro incumprimento do goberno local. Pena recordou que existe un acordo de pleno no que se decidiu convocar á comisión de cultura para organizar os actos conmemorativos do noveno aniversario da Muralla.

O pasado mes de decembro aprobouse unha proposición, a iniciativa do Partido Popular, para que se consensuasen os actos para a celebración do noveno aniversario da Muralla. Desde o Grupo Popular xa se puxeron sobre a mesa dúas propostas:

Organizar unha proba deportiva de ámbito autonómico ou nacional para pór en valor a Muralla.

Durante a semana da conmemoración abrir, de forma gratuíta, o Centro de Interpretación da Muralla



Rogo denegado.-

A edila popular tamén manifestou a súa queixa pola negativa do goberno local para que se debatan periodicamente, no seo da Comisión de Cultura do Concello, os proxectos de publicacións editadas polo Concello así como a adquisición de fondos bibliográficos.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo