| |

         
|
|
| |
O grupo popular arrinca o curso político buscando o consenso en tres iniciativas sobre temas de futuro para Lugo
|
|
| |
07/09/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
García Díez espera que Orozco se desculpe, no pleno, pola súa negativa, en xuño, a permitir votar unha iniciativa do PP.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
Os populares defenderán no Pleno do luns tres proposicións de distintos temas de actualidade como son o futuro do matadoiro, que se abra á oposición a participación na xestión das obras que se executen no Concello e unha iniciativa para que o Goberno de Madrid reserve nos Orzamentos Xerais do Estado, os fondos necesarios para acometer proxectos que son prioritarios para a cidade.
García Díez aclarou que esta proposta que se presenta a Pleno é "aberta e en positivo". "Agora, que se están elaborando os Orzamentos Xerais do Estado, é o momento de sumar esforzos", puntualizou o portavoz popular "un acordo unánime reforzaría as xestións do alcalde en Madrid".
Polo demais preséntanse dous rogos: un para que se adapte canto antes a aplicación informática no portal municipal para que os cidadáns que fagan pagos de recibos on-line poidan imprimir en casa o xustificante de pago. Os populares pregúntanse "de que serve este servizo de pago on-line se para conseguir o xustificante temos que desprazarnos igualmente"". |
|
| |
|
|
|
| |
O outro rogo é para que se debatan periodicamente, no seo da Comisión de Cultura do concello, os proxectos de publicacións editadas polo Concello así como a adquisición de fondos bibliográficos. |
|
|
| |
|
|
| |
Petición desculpas
O Grupo Popular tamén confía en que, este luns, o Alcalde de Lugo pida desculpas por negarse, no pleno celebrado o pasado 1 de xuño a que se votase unha proposición sobre a crise interna do equipo de goberno.
O portavoz popular, Joaquín García Díez, suxeriulle a Orozco, na comisión de portavoces que se celebrou o pasado xoves que "polo procedemento que queira e coas palabras que queira" faga este xesto e pechase este asunto sobre o que xa se pronunciou a Dirección Xeral de Administración Local e estase pendente de recibir a resolución do Defensor do Pobo.
|
|
| |
|
|
|
|