| |
A concelleira Teresa Taboada explicou que hai unha desinformación completa de como conseguir este material "na actualidade unicamente estanse dando nos supermercados previa petición dos interesados".
Os populares indican que é necesario facilitar unha información máis completa deste servizo para que os cidadáns depositen o aceite de cociña utilizando nos colectores habilitados nos supermercados e que este poida ser reutilizado.
Taboada recordou que o Concello gastou 7.200 euros nos 24.000 embudes e colectores de recollida que hai nos supermercado, un gasto que a xuízo da edila era innecesario xa que o habitual é que as empresas que recollen o aceite acheguen, de xeito desinteresado, ademáis dos colectores os propios embudes. "Gastaron o diñeiro de todos e son incapaces de informar aos veciños onde poden conseguir estes embudes".
|
|
| |
Para a edil popular esta forma de traballo "improvisada" é habitual no servizo de medio ambiente. Os populares recordaron como houbo problemas, por falla de información dos horarios, cando se "colocaron no centro histórico os colectores facilmente substituíble". Taboada insistiu que "cando se fai un investimento para mellorar un servizo é necesario informar de forma adecuada aos usuarios". |
|
|