| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular traslada ao Alcalde e á Xunta unha proposta para evitar que se desmantele a estación de autobuses de Lugo
|
|
| |
03/09/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Os populares propón que se estude para este emprazamento un intercambiador central das liñas urbanas que comuniquen coa nova intermodal, o casco histórico e o hospital.
-
García Díez pediu ao Goberno Local que lidere e impulse a comisión de seguimento do AVE "o Alcalde negou hoxe a súa existencia; pois se non existe que se cre" puntualizou o portavoz popular.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular presentou esta mañá ao Alcalde José López Orozco, e á delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, unha petición para evitar que se desmantele a estación de autobuses "no caso de que prospere o último anuncio do Ministro da intermodal na estación ferroviaria".
Orozco foi o primeiro en coñecer a proposta dos populares. O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, dáballa a coñecer durante a xunta de portavoces preparatoria dos asuntos do pleno. Os populares insistiron en que debe ser o Concello o que lidere e impulse a comisión do AVE. Nese sentido o portavoz popular chamaba á atención sobre a saída do Alcalde que negou hoxe a existencia desta comisión. O popular subliñou "se non existe que se cre".
"O Alcalde quere entrevistarse con Feijóo sen ter claro o que quere facer coa estación de autobuses (fracasou no intento de crear unha gran praza prometida por Touriño en 2005) e agora ten que felicitar ao Ministro pola idea dunha intermodal cando rexeitou de plano durante a tramitación do PXOM deixar preparados uns accesos á zona en previsión desta infraestrutura". |
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
| |
O portavoz dos populares no Concello de Lugo, acompañado polo concelleiro e tamén Presidente Provincial do PP, José Manuel Barreiro, trasladáballe a continuación esta mesma iniciativa á delegada da Xunta, Raquel Arias.
"Hai motivos máis que suficientes para reunir á comisión de seguimento do Ave xa que hai competencias repartidas entre varias institucións e todas elas forman parte deste organismo".
Proposta.-
Os populares piden que se estude cal sería o uso máis idóneo e racional da estación de autobuses se leva a cabo o proxecto anunciado por José Branco da intermodal.
Para os populares o emprazamento da praza da Constitución pode servir de intercambiador dunha gran parada de autobuses para o transporte urbano así como para unha liña máis específica de microbuses eléctricos para acceder ao casco histórico. Ata se podería estudar que algúns autobuses interurbanos fixesen parada nestas instalacións.
Os populares son partidarios de permitir que os negocios existentes puidesen seguir tendo actividade no actual emprazamento onde se podería crear novas dotacións. García Díez opina que non se pode deixar pasar a oportunidade e recorda que ademais da remodelación do cárcere con fondos do Urban poderíanse realizar outras actuacións na praza como a remodelación da entrada e saída do parking.
Anuncio en corentena.-
Os populares ven con certo escepticismo este último proxecto do Ministro xa que temen que sexa un "anuncio doutros moitos que quedaron en nada como o do centro de reciclaxe de Rozas".
Para os populares "hai que mirar esta actuación con moito rigor, saber se ten un respaldo técnico, e concretar prazos e orzamentos". Mentres tanto o anuncio queda en corentena, puntualizaron.
|
|
| |
|
|
|
|