-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular denuncia que pola improvisación do Goberno Local os escolares empezarán as clases sen ter as aulas limpas

 
 
01/09/2009
educacion
     
 
  • As limpadoras empezarán a traballar a tarde do 10 de setembro, cando se presenta o novo curso académico.
  • Alicia Pena insiste en que se aspiren as pistas polideportivas e que se revisen os pararraios.
 
barra
           
 
Os populares acusaron ao equipo de goberno de falta de previsión á hora de contratar o servizo de limpeza dos colexios, que empezarán a traballar xusto o mesmo día no que comezan as clases, pola tarde. A concelleira popular Alicia Pena explicou que o mobiliario das aulas, os servizos, e corredores acumulan o po e a sucidade dos tres meses de verán nos que estiveron pechadas as instalacións. Alicia Pena pide que, para que estean listas as aulas, contrátese con antelación ás limpadoras.

Como exemplo da mala planificación sinalou que para as fiestras dos colexios hai un retén que tamén empeza o próximo día dez o traballo "hai centros que ata novembro estarán cos cristais sucios".
 
       
 
Tamén, a unha semana do comezo do novo curso académico, o Grupo Popular solicita ao equipo de goberno que faga unha limpeza "en profundidade" de todas os pistas polideportivas dos centros educativos "cun sistema de aspiración". Alicia Pena, explicou que durante o ano faise un baldeo destas instalacións, o que provoca molestias porque o pavimento tarda moito en secar e impide o seu uso ao 100%.
Foto
 
     
 
 
     
 

A revisión dos pararraios é outra vella demanda dos populares. Alicia Pena reclama a retirada das instalacións sen homologar e que se substitúan por antenas máis seguras.

Os populares consideran estas peticións como indispensables para que en todos os colexios da cidade a tarefa educativa comece de xeito máis seguro e eficaz.

 

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo