-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular critica o atraso na implantación da administración electrónica

 
 
30/08/2009
empleoyssgg
     
 
  • Cristina Ares: de que serve un servizo de pago on-line se para conseguir o xustificante hai que desprazarse ao Concello"
  • Os populares presentarán un rogo para que se mellore o servizo.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal do Partido Popular presentou un rogo no que solicita que se adapte, canto antes, a aplicación informática no portal municipal para que os cidadáns que fagan pagos de recibos on- line poidan imprimir en casa o xustificante de pago. A popular Cristina Ares apunta que, na actualidade, o usuario ten que ir ás dependencias municipais para conseguir o xustificante que acredite o ingreso.
 
       
 
A concelleira pregúntase "de que serve este servizo de pago on-line se para conseguir o xustificante temos que desprazarnos igualmente?"
Foto
 
     
 

Para o grupo popular a posta en marcha, en maio de 2008, do novo portal web municipal non está traendo melloras reais na relación entre os cidadáns e a administración local. Unicamente pódense descargar unha serie de formularios que o cidadán deberá completar no seu domicilio para logo rexistrar nas dependencias municipais, ademais de realizar pagos on-line. "Unha vez máis queda claro que para os socialistas o grande avance na administración electrónica é imprimir formularios en casa para logo levalos ao rexistro".

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo