| |

         
|
|
| |
A comisión de suxestións e reclamacións recibiu este verán 26 consultas
|
|
| |
29/08/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular volveu mostrar a súa satisfacción polas achegas realizadas polos veciños, ao longo do verán, á Comisión de Suxestións e Reclamacións. A presidenta desta entidade, a popular Cristina Ares, destacou que grazas ás demandas veciñais o Concello viuse obrigado a ampliar o horario de atención de altas e baixas do servizo de auga.
Neste período a comisión recibiu 23 reclamacións e 3 suxestións. A área de réxime interior e protección á comunidade volve estar no punto de mira dos lucenses. Entre outras queixas destaca a dun veciño que censura a supresión de prazas de aparcadoiros para motos na rúa Nubeiro, nas proximidades de Rei Don García. Tamén aparecen dúas peticións para que se amplíe a frecuencia de autobús urbano na liña de Calde e vólvense a pór de manifesto defectos no funcionamento das máquinas que hai nos buses para pago con cartón. Unha veciña pregunta se se pode viaxar, en autobús urbano, con cans pequenos en trasportín. |
|
| |
|
|
|
| |
Outra queixa ten que ver con que as máquinas da ORA non devolven o cambio. Neste caso o veciño laméntase "quítanlle as ganas a calquera de ir a súa cidade de compras". Hai que recordar que o Partido Popular xa presentou unha proposta para mellorar a ordenanza deste servizo, e que se cobre por tempo real.
|
|
|
| |
|
|
| |
Ata a comisión de suxestións e reclamacións chegaron tamén varias queixas do rural. Unha delas reclama do seguinte xeito acceso a Internet "vivo no rural e quero os mesmos dereitos que a cidade : conexión ADSL de Internet". Tamén hai unha reclamación dun veciño de San Miguel de Bacurín polos problemas de recepción de televisión. Refírese ao repetidor de Poutomillos. Do seu mal estado xa alertou en reiteradas ocasións o Grupo Popular.
A falta de presión de auga, queixas de limpeza, ou un exceso por parte do equipo de goberno á hora de desratizar un solar na rúa Serra de Outes que, segundo o veciño levou por diante ademais de roedores, ourizos, gorriones, urracas e gatos, completan o informe deste verán da comisión de suxestións.
|
|
| |
|
|
|
|