-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O grupo popular pedirá o apoio do pleno para que Madrid reserve fondos nos Orzamentos Xerais do Estado para executar proxectos prioritarios para Lugo

 
 
28/08/2009
grupo municipal
     
 
  • Joaquín García Díez abre a iniciativa ao resto dos grupos para consensuar as actuacións máis necesarias.
  • Os populares centran as súas peticións en asuntos de seguridade viaria, medio ambiente e promoción do turismo.
 
barra
           
 

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, proporá á Corporación que apoie unha iniciativa para que o Goberno de Madrid reserve nos Orzamentos Xerais do Estado os fondos necesarios para acometer proxectos que son prioritarios para a cidade.

 
       
 
García Díez aclarou que a proposta que se presenta a pleno é "aberta e en positivo". O portavoz popular, adiantándose ao "afán de protagonismo do Alcalde" que "ultimamente, ponse dos nervios cando son outros os que presentan iniciativas en positivo" dixo confiar en que "polo ben de Lugo esta iniciativa conte co seu apoio".
Foto
 
     
 

Os populares cren que Orozco debe ter o mesmo "grao de esixencia" á hora de reclamar obras para Lugo "independentemente de que se trate do goberno "amigo" de Madrid".

Os catro puntos que a xuízo do Partido Popular deberíanse contemplar polo menos nos próximos orzamentos do Estado de 2010 son:

Estudo do necesario tratamento da nacional VIN, completando o tramo pendente entre a Tolda de Castela e Garabolos, de forma que se complete esta vía de circunvalación en todo o perímetro da cidade. Os populares consideran que esta obra é moi necesaria, "Orozco debería aproveitar a boa disposición do seu compañeiro de partido, Don José Branco, para axilizar esta petición". O portavoz popular desexa que "este proxecto non se converta noutro serial como o da nova ponte do Miño".
García Díez recordou que existe un acordo plenario, neste sentido, de novembro de 2007. O goberno local tivo dous anos para dirixirse ao Ministerio e pedirlle que realizase os estudos correspondentes para dotar de servizos, calzada e urbanización desta travesía para logo cedela ao Concello.

Unha segunda proposta é a creación dun plan de actuación, en coordinación coas outras administracións competentes, de face ao Xacobeo 2.010, sobre o patrimonio histórico-artístico de Lugo. Joaquín García Díez puxo como un exemplo de actuación inmediata a restauración e limpeza das torres da Catedral nas que crecen maleza e ata arbustos de gran tamaño.

Os populares tamén piden a elaboración dun estudo de viabilidade para dotar á cidade de Lugo dun Parador Nacional de Turismo, sendo a nosa cidade unha das poucas capitais de provincia que non contan cun.

Como cuarto punto desta iniciativa figura a concreción das actuacións necesarias para acometer o saneamento integral do río Miño, con arranxo aos anuncios feitos polo Goberno

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo