-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular denuncia a "chapuza" do Goberno Local no proceso de formación e contratación de axentes de mobilidade

 
 
27/08/2009
interior
     
 
  • O título do curso, que comeza hoxe, non lles contabilizará á hora optar ás 15 prazas que se van a contratar para un servizo especial de San Froilán.
  • Enrique Rozas lamenta que se malgasten 4.500 euros nestas clases e acusa aos socialistas de "improvisación e descoido" neste proceso.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia un novo caso de "improvisación e mala xestión" da área de protección da comunidade. Enrique Rozas criticou que "polo descoido" do goberno "incongruentemente antes de que acabe o curso municipal de formación de axentes de mobilidade finalizará o prazo para presentar solicitudes para a contratación de quince prazas de axentes de mobilidade para o San Froilán".

O popular explicou que esta situación é froito do atraso do comezo do curso de axentes de mobilidade, que arrinca hoxe ata con dez días de demora. "Farase un gasto de 4.500 euros en formación e preto de 13.000 en contratación dos 15 efectivos".

O edil popular recorda que o responsable de área, o señor Rábade, na presentación deste curso deixou claro que as persoas que participasen nas clases recibirían unha "preparación moi válida" para calquera oposición ou servizos en forzas de seguridade: "Chama a atención que pola súa incompetencia esta preparación non se poida ter en conta na selección dos 15 axentes de mobilidade que estarán operativos no San Froilán, xa que se cubrirán antes de que acabe este curso as 15 prazas para o servizo das patronais".

A chapuza das bases.-

Para o Grupo Popular "o equipo de goberno xustifica cun temor ao boicot o atraso do curso mentres esconde o seu metedura de pata á hora de redactar as bases". Rozas indicou que non figuran os criterios de exclusión nin se contempla se está acoutada a persoas en paro ou con outros condicionantes laborais. O popular recorda que os únicos tres requisitos das bases son: ser maior de idade, ter a ESO e o carné de conducir A e B. Así mesmo especificábase que se tería en conta a orde de inscrición.
 
       
 
Outro exemplo "da chapuza do proceso" é que son distintas as bases do curso que as da contratación dos axentes de mobilidade, a pesar de tratarse dunha mesma figura. Unha das diferenzas é que non se pide o mesmo tipo de carné de conducir.
Foto
 
     
 

Rozas explicou que o correcto proceder para crear a figura do axente de mobilidade sería seleccionar aos aspirantes cunhas bases perfectamente redactadas, e que figuren todos os requisitos para evitar problemas legais. Unha vez seleccionado o persoal procederíase a completar a súa formación.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo