-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pide novamente ao Goberno Local que a Biblioteca Municipal non peche polas tardes no verán

 
 
20/08/2009
educacion
     
 
  • Os populares levan tres anos pedindo que manteña o horario de tarde durante o verán, xa que hai moitos usuarios que a botan en falta.
  • Alicia Peña: Nesta época hai moitos estudantes que preparan exames para setembro, tanto de todos os ciclos formativos como de oposicións.
 
barra
           
 

Por terceiro ano consecutivo, dende o Grupo Municipal Popular solicítase que ao Goberno Local que manteña aberta a biblioteca municipal durante as tardes do verán. Alicia Peña puxo de manifesto que Lugo é a única cidade de Galicia que carece deste servizo durante as tardes de agosto así como os sábados.

Para a edil popular é “incomprensible” que non se atenda ás reiteradas peticións de cidadáns que necesitan utilizar estas instalacións “é agora cando moitos preparan oposicións, ou mesmo as convocatorias de setembro”. Alicia Peña insiste en que “bastante teñen os que non poden gozar do verán porque teñen que estudar para que enriba o Concello non lles facilite a tarefa”.
 
       
 
A concelleira popular recorda que neste momento hai fixada data para a realización de exames de oposicións á Xunta de Galicia para o mes de setembro, e que nesa época tamén hai convocatorias de exames de todo tipo de ciclos formativos.
Foto
 
     
 
 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo