-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular quere que se avalíe a efectividade das accións que o Concello contrata co diñeiro recibido de bens comisados

 
 
18/08/2009
bienestar
     
 
  • Sofía López Linares pide explicacións dos motivos de porqué o programa anunciado polo goberno para este verán aínda non comezou.
  • Ata agora só houbo un concerto con escasa asistencia.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular presentará unha proposta na comisión de Benestar Social para que se estuden novas alternativas para destinar a partida anual que recibe Ao concello con cargo a bens comisados.

A Presidenta da Comisión, a popular Sofía López Linares, presenta esta iniciativa coa idea de que, entre todos, se "dea unha pensada" ao destino final deste diñeiro recibido do Estado.

Para a edil popular o Goberno Local repite "todos os anos a mesma programación". Con respecto ás programadas para este ano López Linares pediu explicacións de por que a práctica totalidade das actividades non empezaron a pesar de que estaban anunciadas para o verán (talleres de tempo libre, 24 xullo-15 setembro). A popular criticou que se gasten 26.090 euros en actividades de dubidoso rendemento para os mozos lucenses: "estaban previsto tres concertos de David Taboada. Polo de agora celebrouse un no Castiñeiro cunha asistencia ridícula". A popular tamén se pregunta cando se van a facer os talleres que estaban previstos para os fins de semana do verán e puntualizou que se descoñecía a previsión.
 
       
 
A popular insiste en que se poderían desenvolver outras medidas máis efectivas das que habitualmente propón o Goberno Local "as subvencións poden destinarse, por unha banda, a actividades directamente relacionadas con prevención de grupos de risco (fillos, irmáns de toxicómanos, á poboación que reside en barrios onde hai constancia de "trapicheo")..."
Foto
 
     
 
Para a edila popular "estase traballando un campo que xa cobren outras administracións enfocando a maioría das actividades a alumnos totalmente integrados". Nese punto refírese aos 6.000 libros e dípticos de pais e nais que se realizan, ano tras ano, para alumnos de primaria e a ESO. "No Grupo Municipal Popular cremos que sería moito máis eficaz que técnicos en prevención ofrecesen explicacións aos pais, in situ, con posterior debate e preguntas".
 
     
 
 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo