| |
O Grupo Municipal do Partido Popular acusou a Orozco de ser o peor xestor de Galicia. Deste xeito o responsable da área de economía, José Manuel Barreiro, interpretaba os últimos datos que deu a coñecer o Consello de Contas.
Para os populares este informe vén corroborar a tendencia do goberno de Orozco de redactar, ano tras ano, orzamentos ficticios "os orzamentos do Concello son irreais" puntualizou Barreiro, quen insistiu en que "o Alcalde non defende os intereses dos lucenses de forma eficaz". Os populares pregúntanse "Que se pode esperar dun Goberno que é incapaz de executar nin o 25% das obras que prevé"".
A xuízo do Grupo Popular os datos do informe do Consello de Contas "sitúan a Lugo nunha posición de desvantaxe respecto a outras cidades de Galicia". |
|