-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pide consenso para decidir o futuro do matadoiro

 
 
14/08/2009
grupo municipal
     
 
  • Os populares son partidarios de que o asunto debátase no Pleno antes de que se tome unha solución definitiva en Xunta de Goberno.
  • Concelleiros populares reuníronse esta mañá con usuarios afectados polo peche do matadoiro municipal.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular pediu ao goberno local que paralice "temporalmente" a tramitación do concurso público para o concerto do servizo do matadoiro. Os populares consideran que "non se debe pechar este asunto sen estudar, con máis profundidade, outras opcións de xestión que permitan manter abertas as instalacións do actual matadoiro municipal".

O Grupo Municipal Popular facía esta mañá este rogo ao Goberno Local por escrito. No documento que se rexistrou hoxe indícase que a pesar de que este asunto é competencia da Xunta de Goberno, a decisión sobre o servizo do matadoiro debe adoptarse logo de ser debatida no Pleno e da forma máis consensuada posible, sen prexudicar nin aos intereses xerais de todos os lucenses, nin aos específicos dos empregados do matadoiro, ou dos carniceiros e empresarios do gando.
 
       
 
Os populares facíanse así eco da preocupación que hai entre o gremio afectado logo de manter unha reunión cunha representación da Asociación Galega de Empresarios do Gando e Carniceiros, Marisol López Núñez e co Presidente do Gremio Provincial de Carniceiros e Charcuteros, Xullo Teijeiro López.

Xunto con José Manuel Barreiro, Cristina Ares e Sofía López participou no encontro a deputada autonómica do Partido Popular, Isabel García Pacín.
Foto
 
     
 
 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo