-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

   
 
13/08/2009
grupo municipal
     
 
  • As respostas son "incompletas, incongruentes e irrespetuosas" e entréganse xusto despois de que se coñecese que o Valedor do Pobo admitise a trámite unha queixa dos populares.
  • Orozco respondeu "baixo a presión" da resolución da Xunta, que di claramente que corresponde aos tribunais decidir se cometeu unha infracción.
 
barra
           
 
O goberno local respondeu, por fin, á batería de preguntas que formulou o Grupo Municipal Popular. As respostas chegaban ao día seguinte de facerse público que o Valedor do Pobo admite a trámite a queixa dos populares por impedir votar unha proposición no Pleno do mes de xuño e tamén, tras coñecerse a resolución dunha consulta que os populares realizaron á Dirección Xeral de Administración Local.

Para os populares, Orozco viuse forzado a responder ás preguntas formuladas. A concelleira popular Cristina Ares, recordou que o informe da Xunta di claramente que "de entender conculcados os seus dereitos infórmolle que corresponde aos tribunais de Xustiza determinar a concorrencia ou non de posibles infraccións e, se así procedese, das responsabilidades que deriven deles, ben de oficio ou previa denuncia".
 
       
 
Temía que o Partido Popular fóra aos tribunais tal e como apuntaba o informe da Dirección Xeral de Administración Local". Os populares afirman que "a diferenza do goberno local nós non estamos dispostos a xudicializar a vida política, porque sería montar unha tragicomedia", puntualizaron.
Foto
 
     
 
 
     
 

Respostas incompletas, incongruentes e impropias.-

As contestacións que remitiron ás máis de medio centenar de preguntas formuladas o pasado 11 e 19 de xuño demostran, claramente, á actitude do Grupo de goberno de "impedir sistematicamente" o labor da oposición. A maioría delas son incompletas, incongruentes, e presentan unha redacción impropia dun cargo público.

Para o Grupo Popular salta á vista que a redacción das contestacións responde as instrucións do Alcalde "hai que responder porque obriga a norma pero sen dar datos e infravalorando aos representantes de veciños que non son do seu mesmo cor política".

Exemplos.-

* Incompletas: En preguntas realizadas sobre o impacto dalgún programa como a Escola para o emprego ou o Plan de mellora de competitividade das PEMES non se facilitan os datos e contéstase coa frase "Non está pechada", ou cando se pregunta polas medidas adoptadas para implementar o Plan Estratéxico a resposta é "as medidas publicadas e divulgadas no seu momento".

* Incongruentes: sobre o prazo para rematar a redacción do regulamento de participación cidadá responden: "Cando haxa consenso". Da falta de acordo e de non convocar ás reunións da comisión só son responsables eles.

* Impropias: non é de recibo que nun escrito asinado por unha xefa de servizo contéstese do seguinte xeito: en referencia á biblioteca dixital "Non se se é que lles informan mal ou se informan mal vostedes mesmos. Desde a concellaría que dirixo nunca falamos dunha biblioteca dixital".

Sobre prazos para inclusión de novos trámites administrativos a través de Internet a resposta é "A través da páxina web non se poden nin se poderán facer trámites sen acudir ao rexistro. O Concello de Lugo conta desde fai máis dun ano cun portal Web". O PP pregúntase entón para que serve ese portal.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo