| |
O Grupo Municipal Popular pide un concurso de ideas para unificar a sinalización e mobiliario das zonas verdes
|
|
| |
12/08/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Os populares afirman que as zonas de paseo presentan un aspecto de semi-abandono e son un "caixón desastre" con pezas de distintos materiais e formas.
-
Propón ao goberno local empezar a unificar a sinalización dos parques perimetrales (parque do Miño e paseo fluvial) para crear conciencia do cinto verde da cidade.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular propón ao Goberno Local convocar un concurso para deseñar un catálogo de sinais das zonas verdes da cidade.
Os populares cren que é necesario unificar a estética dos carteis dos espazos de lecer e pídenlle ao Goberno Local que se comece polos parques perimetrales da cidade, consensuando coa Deputación Provincial a sinalización e mobiliario que se coloque de agora en diante. "Se queremos crear conciencia dun cinto verde da cidade hai que empezar por dar unha imaxe uniforme para os usuarios destas zonas".
No recoñecemento que realizou o grupo popular ponse de manifesto varios exemplos do "caixón desastre da sinalización do parque fluvial e o parque do Miño". |
|
| |
|
|
|
| |
Hai ata tres tipos distintos de papeleiras (de madeira, de plástico, e metálicas); o mesmo ocorre cos bancos (de varios modelos de pedra e de varios tipos de madeira)... A sinalización para ciclistas é escasa e pouco visible: só hai un cartel antigo e en mal estado no aparcadoiro da Ponte Vella e outro ao comezo do paseo do Miño na entrada do restaurante O Muiño. Falta información sobre lonxitude do percorrido, sobre a flora e fauna dos parques así como sinais dos percorridos accesibles. |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Os populares propón que se estude a instalación dunha maqueta ou panel con información sonora e etiquetas en braille para persoas con discapacidades: "hai que sinalizar as zonas de fácil acceso e saída así como a situación das ramplas ao longo do percorrido".
Estado de conservación.-
Os populares aproveitaron esta rolda de prensa para pór de manifesto o abandono que sofren estas áreas e paseos pedíndolle ao Goberno Local que se esmere no seu coidado e que incremente a vixilancia da zona: "As pintadas invaden edificios como na antiga fábrica da luz ou o recinto feiral así como farois, muros, bancos do tramo do paseo fluvial"".
O Grupo Municipal Popular tamén insta a Orozco a que apreme ao seu compañeiro de partido, o señor Liñares, para que axilice a paralizada obra da pasarela do Miño.
|
|
| |
|
|