| |
Ademais, o informe de intervención que obra no expediente dá a razón ás advertencias dos populares expresadas no Pleno de aprobación das ordenanzas fiscais de 2009, ao recordar a importancia de que nos procesos de actualización das ordenanzas fiscais trátese de garantir a cobertura orzamentaria dos servizos que presta o Concello de forma común para que non se produzan déficits orzamentarios que dificulten o cumprimento das esixencias de estabilidade orzamentarias e podan derivar en tensións financeiras.
Petición informes.-
A popular Cristina Ares pedirá copia dos informes desfavorables da intervención emitidos durante o exercicio 2008 sobre varios expedientes nos que se detectaron irregularidades no procedemento de gasto talles como fraccionamiento indebido do obxecto do contrato, incumprimento do prazo de solicitudes, omisión da fiscalización previa ou ata do procedemento de contratación e ausencia de soporte documental.
|
|