-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pide a Orozco que controle os seus nervios e deixe a interpretación dunha nova traxicomedia sen sentido

 
 
10/08/2009
economia
     
 
  • Os queixumes do Alcalde non son cribles. En lugar de criticar e tratar de meter nunha lea á Xunta o Alcalde debe aprender, dunha vez por todas, a priorizar.
 
barra
           
 
Os populares acusan a Orozco de forzar unha "tragicomedia", en alusión á última saída do Alcalde queixándose do traballo da Xunta. A concelleira do Grupo Municipal Popular, Cristina Ares, puntualizou que: "se o Alcalde escoitou o que escoitamos os demais cando veu a Lugo o Presidente da Xunta carece de sentido esta posta en escena". Feijóo dixo "alto e claro" que coas arcas baleiras que atopou e as moitas débedas contraídas por socialistas e nacionalistas apenas ten marxe agora de manobra.

"Os queixumes do Alcalde non son cribles. En lugar de criticar e tratar de meter nunha lea á Xunta o Alcalde debe aprender, dunha vez por todas, a priorizar".
 
       
 
Os populares dinlle a Orozco que deixe de "lamentarse" e que asuma o seu propio "plan de crise" e recórdanlle que ten agora unha boa oportunidade para abordar con seriedade a actualización das ordenanzas fiscais e a elaboración dos orzamentos para o ano 2010.
Foto
 
     
 

Cristina Ares pediu que, dunha vez por todas, fágase unha boa previsión de gastos para poder apoiar de forma eficaz a re-dinamización económica do municipio. Ademais os populares recordan que o Concello de Lugo segue presentando claras deficiencias na xestión do gasto: cando se fan previsións non se ten en conta a capacidade de gasto real e non se seguen de forma exhaustiva os expedientes. "É necesaria unha planificación a medio e longo prazo e que se establezan claramente os criterios para dar prioridade a unhas actuacións sobre outras".

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo