-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular critica o atraso na instalación de xogos infantís no Parque da Milagrosa

 
 
07/08/2009
educacion
     
 
  • A ausencia de randeeiras satura o parque biosaludable provocando as queixas dos usuarios.
  • Alicia Pena achaca esta "falta de previsión" á descoordinación que hai no seo do equipo de Orozco "onde cada un parece andar ao seu aire".
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular denuncia "a descoordinación e a falta de previsión do Goberno Local" e como exemplo de que cada responsable de área traballa "ao seu aire" cita o atraso na colocación de xogos infantís no parque da Milagrosa "a pesar de estar en pleno verán".

Alicia Pena explica como "hai dúas chairas de cemento baleiras". Por este motivo os nenos acoden ao novo parque de ximnasia biosaudable para adultos e utilizan os aparellos de adestramento, para xogar o que provoca queixas dalgúns usuarios.

A concelleira Pena Murias pide que coloquen "xa" os xogos dos nenos lamentando "a falta de visión e a nula coordinación entre as distintas concellarías".
 
       
 
A edila popular Alicia Pena tamén volveu reclamar que se coloque no Parque infantil da Praza de San Lorenzo (Barrio Feijóo) un valo de seguridade. Esta é unha vella petición na que os populares insisten, ano tras ano, xa que os xogos infantís lindan coa estrada "os vehículos circulan e estacionan á beira da zona", advirte Pena.
Foto
 
     
 
 
     
 

Para rematar a concelleira popular pregunta ao Goberno Local se hai algunha previsión de dotar dun parque infantil ao barrio da Ponte.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo