-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular quere saber por que se externaliza a distribución de publicacións municipais

 
 
06/08/2009
economia
     
 
  • O custo do contrato estímase que chegará aos 16.000 euros.
  • Os populares preguntan polos beneficios que obtén o Concello con esta operación.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular quere saber cales son os motivos polos que o Goberno Local quere externalizar a distribución das publicacións editadas polo Concello así como a xestión do almacén de custodia de remanentes.

A Xunta de Goberno que se celebrou este mércores aprobou o prego de cláusulas administrativas para a contratación deste novo servizo. Estímase que coa externalización deste servizo o Concello desembolsará, como mínimo entre o 50 e o 60% do prezo de venda ao público das publicacións que se editen (IVE incluído) sen prexuízo da porcentaxe ofertada polas empresas.
 
       
 
Ata agora o Concello viña recadando, en concepto de distribución das súas publicacións, unha media de 8.000 euros anuais (IVE incluído). O valor estimado do contrato, que ten un prazo de execución de catro anos, ascende a 16.000 euros.
Foto
 
     
 
 
     
 
Á vista desta resolución da Xunta de Goberno do Concello de Lugo, o Grupo Municipal do Partido Popular formula as seguintes preguntas:

Cantas publicacións editou o concello de Lugo desde o ano 2000"

Que porcentaxe de cada unha delas distribuír e que porcentaxe aínda se conserva no almacén"

Canto gastou o Concello de Lugo en concepto de edición de libros e outras publicacións desde o ano 2000"

Que beneficios espera obter o concello coa extenalización deste servizo"

Que criterios séguense e que órgano adopta a decisión sobre os libros que edita o Concello"
 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo