-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular afirma que Orozco busca fondos da Xunta para financiar a súa precampaña

 
 
05/08/2009
grupo municipal
     
 
  • O Goberno Local pide á Xunta un plan similar ao Plan E.
  • Cristina Ares pide ao Goberno Local un maior esforzo por promover iniciativas de competencia local que redunden na creación de emprego.
  • Os populares propón que se estuden axudas e bonificacións a emprendedores do campus lucense e a coordinación do PAIT municipal cos dos empresarios.
 
barra
           
 
Ao Grupo Municipal Popular chámalle a atención "o reivindicativos que se volveron coa Xunta de Galicia os membros do goberno local de Lugo tras a saída da Xunta do bipartito". Deste xeito responden ao anuncio da concelleira Sonia Méndez, sobre a presentación dunha iniciativa para que a Xunta cre un fondo similar ao Plan E: "a petición do goberno de Orozco xa chega tarde", puntualiza Cristina Ares.

A edil popular recorda que a Xunta de Feijóo anunciou, a poucos días de tomar posesión, medidas para reactivar á economía "moito máis ambiciosas e con máis sentido que as levadas a cabo desde o Goberno Central".
 
       
 
Os populares consideran que é obvio que esta proposta só ten unha xustificación "os gobernos locais socialistas o que queren é diñeiro de todos para financiar as súas precampañas electorais. Está claro que ven moi negro o horizonte electoral de 2011".
Foto
 
     
 
Proposta.-

A concelleira popular Cristina Ares considera que "non fai falta que se pida traballo e acerto á Xunta porque este xa está garantido" e pide ao Goberno Local "que se preocupe polos asuntos da súa competencia que poden redundar na creación de postos de traballo".

Nese sentido o Grupo Municipal do Partido Popular propón que fronte a filosofía do Plan E do "pan para hoxe e fame para mañá" apóiese de forma máis decidida aos emprendedores lucenses.

Así, de face á elaboración dos orzamentos para o ano 2010 e a revisión das ordenanzas fiscais os populares solicitan que se tomen certas medidas:

Estudar a posibilidade de subvencionar os custos de establecemento de pequenas empresas, especialmente as promovidas por mozos recentemente licenciados do campus lucense.

Estudar novas bonificacións e reducións en impostos e taxas municipais para aos emprendedores.



Ademais os populares apreman ao Goberno Local a que estreite a coordinación coa CEL e a Cámara de Comercio para sacar un maior rendemento aos Puntos de Asesoramento e Inicio de Tramitación (PAIT) dos que dispón. Trátase dun servizo útil para definir os proxectos empresariais, así como para iniciar os trámites de constitución e posta en marcha dos proxectos empresariais. Os populares tamén solicitan que se publiciten as facilidades que xa existen hoxe en día para a tramitación telemática destas iniciativas.

Cristina Ares considera que os últimos datos do emprego evidencian que o Plan E é eficaz a curto prazo para frear a saída de traballadores do mercado laboral pero xerar maior déficit e débeda pública, o que implica unha carga para as administracións públicas e, en definitiva, para todos os cidadáns. "Hai que pasar dos remedios caseiros a solucións definitivas e sostibles no tempo; a longo prazo fan falta medidas de máis calado e menos gravosas para os contribuíntes".
 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo