| |
O Grupo Municipal Popular acusa a Zarzuela de "falta de seriedade" á hora de dar cumprimento aos compromisos electorais. Deste xeito, a popular Cristina Ares reaccionaba ante a afirmación da concelleira de Servizos Xerais en que recoñece que non lle parece "necesario" este servizo: "Se non lles parece necesario por que prometeron, no programa electoral do PSOE, xeneralizar o uso gratuíto de Internet no centro urbano"".
Para os populares "non é de recibo" que nunha capital de provincia non haxa nin un só espazo público para acceder de forma gratuíta a Internet. Ares acusa ao Goberno Local de utilizar "desculpas peregrinas" para xustificar a súa falta de xestión: "son incapaces de ter en conta este proxecto á hora de programar os orzamentos, son incapaces de negociar coas operadoras como fixeron outros gobernos locais en cidades similares como Ourense e Santiago, e para rematar recoñecen que lles asusta ter que aprobar un regulamento na Xunta de Goberno". |
|