| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pregunta polo informe municipal do estado de conservación do Camiño Primitivo
|
|
| |
04/08/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Alicia Pena critica que o Goberno Local rexeite sistematicamente as suxestións dos populares e pide que as incorporen ao documento que se viu obrigado a preparar, en xuño, a petición da Xunta.
-
Os populares reclaman "axilidade e implicación" do Goberno Local nas súas competencias.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular presentará iniciativas a Pleno para que o municipio benefíciese da repercusión do Xacobeo. Para os populares, é vital para a cidade "dar ao Camiño Primitivo todo canto impulso estea en mans do Concello de Lugo", e máis tendo en conta que o ano 2010 será Ano Xacobeo.
Os populares pediron hoxe explicacións do estado do informe do camiño primitivo ao seu paso por Lugo, "a estas alturas, debería estar moi avanzado ou terminado". A concelleira Alicia Pena recordou como, fai dous meses, o Concello viuse obrigado a realizar este documento tras a petición que lle presentou a Xunta de Galicia a través da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo. |
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
A distinta vara de medir do PSOE.-
A concelleira popular explicou que o seu grupo vénlle ofrecendo ao goberno de Orozco, ano tras ano, ideas para mellorar a ruta do camiño primitivo ao seu paso por Lugo sen que faga nin a máis mínima xestión para levalas a cabo. "A resposta de que non é da súa competencia non deixa de ser curiosa, está claro que agora cambian a vara de medir".
A xuízo de Pena o Goberno Local de Lugo perdeu "un tempo valioso para potenciar esta ruta" recordando como algunhas das súas propostas "eran medidas que custaban pouco e o único que requirían é vontade política".
De competencia municipal é ter en "perfecto estado de revista" a entrada a Lugo do Camiño Primitivo. Os populares propuxeron que se coloque un panel informativo indicando o paso da ruta por Lugo, o teléfono do albergue e outros datos de interese. Os peregrinos quéixanse de que ao final da etapa, logo de desvíos continuos para chegar á cidade, e de subir as escaleiras que comunican a rúa San Eufrasio con Fontiñas, non hai ningún sinal para recibir aos camiñantes.
Outra proposta popular foi situar a caseta que actualmente está abandonada na Praza da Constitución (fronte á estación de autobuses) para ofrecer esta información aos peregrinos.
Tamén se propuxo estudar a creación de zonas de descanso para peregrinos. Pena suxire o acondicionamento do local social abandonado do Burgo.
Por suposto, pediuse infinidade de veces intensificar a limpeza e mantemento de cunetas, marquesiñas e puntos limpos que se atopan ao pé do camiño e que habitualmente presentan un estado lamentable.
|
|
|
|