| |
O Grupo Municipal Popular pide que os cambios de localización dos puntos de recollida de plásticos agrícolas estean listos no outono
|
|
| |
29/07/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Manuel López: "Esa é a época onde hai unha maior volume de residuos dos silos"
-
Os populares preguntan se se vai a implantar unha periodicidade de recollida para evitar vertedoiros como a que estes días pódese ver no punto do Burgo.
-
Para o concelleiro popular "a información deste sistema non chega a todos os veciños. O goberno erra cando usa unicamente aos seus pedáneos como correa de transmisión".
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular pide ao Goberno Local que apure as xestións para ter listas no outono as novas localizacións da recollida de plásticos agrícolas así como unha periodicidade mensual ou bimensual de retirada.
Os populares xa manifestaron en reiteradas ocasións que cunha "organización adecuada", que agora non existe, reduciríanse os vertedoiros que se detectan de forma periódica nestes puntos. Estes días, por exemplo no punto da parroquia do Burgo "os plásticos" comparten espazo cos "electrodomésticos, aveños e outros residuos como vidros e cascallos de obras". |
|
| |
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
| |
Entre outras cousas, o concelleiro Manuel López pregunta ao Goberno Local si estarán operativos "para a época onde hai máis volume de plásticos por mor da retirada dos silos" os puntos que substituirán ao de Nadela (en Santa María de Bóveda) ou de Mazoi que se prevé trasladar ao monte de Toiré, así como os de nova creación. |
|
|
| |
|
|
| |
Para os populares o mal funcionamento deste sistema proba que os actuais pedáneos non responden: "o concelleiro responsable de área afirma que as localizacións e a información dos puntos acórdase con eles. Algo falla cando moitos veciños descoñecen o funcionamento destes puntos: frecuencia de recollida, materiais que se poden botar...". |
|