-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Partido Popular denuncia que a Deputación descoida deberes de limpeza e mantemento

 
 
23/07/2009
medioambiente
     
 
  • Teresa Taboada e González Barcia esixen que a Deputación arranxe o muro traseiro da leira do Hospital de Santa María
  • Tamén piden actuacións na estrada de Ombreiro
 
barra
           
 
O Partido Popular denunciou hoxe que a Deputación esquece deberes de limpeza e mantemento en zonas da cidade de Lugo, o que di moi pouco do compromiso do ente provincial cos veciños da capital, e ao mesmo tempo reflicten falta de interese por parte do Goberno local.

A concelleira popular Teresa Tabeada e o portavoz adxunto do Grupo Provincial Popular José María González Barcia desprazáronse á Rúa Monte Picato, para denunciar o estado no que se atopa o muro da leira do Hospital de Santa María. Alí, advertiron que o muro presenta abundante vexetación e recordaron que este estado, en anos anteriores, fora denunciado polo mesmo grupo político que agora goberna a Deputación.

Barcia dixo que a imaxe que Besteiro traslada á cidadanía a través dos medios de comunicación non se corresponde coa realidade, e o estado do muro así o indica. O portavoz dos populares na Deputación tamén indicou que na estrada de Ombreiro, de competencia provincial, hai bancos de pedra derrubados por vándalos ou accidentes de coches que levan así meses, e ata pedras das balaustradas da marxe esquerda da indicada estrada que levan moito tempo tamén arrancadas, o que entraña riscos para a seguridade de peóns e vehículos.
 
       
 
Foto
Foto
 
     
 
Pola súa banda, Teresa Taboada pediulle ao Concello que lle esixa á Deputación máis implicación no coidado e mantemento destas zonas, moi usadas e transitadas polos veciños da cidade.

A concelleira indicou que o Presidente da Deputación é membro do grupo de goberno do Concello de Lugo, polo que debería actuar con certa sensibilidade e decatarse de que a imaxe que se transmite con ese deixamento repercute negativamente.

Os dous representantes do PP agardan que estas actuacións, que non representan un custo económico importante, pero deixan ben claro cal é a capacidade de traballo dos socialistas, leven a cabo canto antes e teñan continuidade para que non se repita esta situación.
 
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo