| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pregunta a Orozco cantas veces ten pensado inaugurar o Parque dos Paxariños |
|
| |
20/07/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
O Alcalde "abriu ao público" esta zona verde o pasado venres, aínda que, tal e como comprobaron os populares, aínda falta moito por facer.
-
Valos provisionais, camiños pechados ao paso, farois sen colocar, restos de obras, materiais sen utilizar, zonas axardinadas sen céspede... forman parte da realidade dos Paxariños.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
A concelleira popular Teresa Taboada pregunta ao Alcalde de Lugo polo número de veces que ten pensado facer roldas de prensa no Parque dos Paxariños. A pregunta xorde ao comprobar que a "visita" do pasado venres non é a primeira vez en que o rexedor acode con cámaras a unha zona verde que está inacabada. |
|
| |
|
|
|
| |
Taboada apunta que "é pouco serio dicir que se abre o parque dos Paxariños cando está como está. Para dicir que se pode usar de malo xeito mellor non dicir nada, porque iso os veciños xa o sabían. O Alcalde ten que ir a Fontiñas a cortar cintas cando estea terminada a obra, non a medias como agora". |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
|
A concelleira visitou o sábado pola tarde o Parque dos Paxariños para comprobar o seu estado, e comprobou que aínda presenta moitas deficiencias que non permitirían que unha administración "minimamente seria" afirmase que está aberto ao público. |
|
| |
|
|
|
| |
Camiños pechados ao paso.- Moitas das sendas do parque están pechadas ao paso con cintas, xa que están sen terminar os pavimentos.
Materiais de obra apilados.- Unha das probas máis palpables de que as obras non están terminadas é a gran cantidade de materiais que están apilados na marxe do parque.
Valados provisionais.- Os valos do parque son taboleiros de madeira sen tratar, colocados provisionalmente ao comezo das obras, e que ademais de inestables non responden ao que se espera dun parque urbano.
Restos.- Palés de obra, plásticos e restos de todo tipo pódense ver no recentemente aberto "parque".
Pés de farol e tubaxes sen conectar.- Hai por toda a zona tubos de conducións eléctricas sen conectar, á espera de que se coloquen os farois, que tamén deixan polo momento orfas ás peanas.
Mobiliario urbano.- Só hai unha pequena zona (a da pérgola) presentable. O resto carece de papeleiras, bancos ou mobiliario urbano de calquera tipo.
Nas últimas semanas o señor Orozco está demostrando que o seu "rearme político" redúcese á "venda de fume" por xunto. Para os populares é, como mínimo sorprendente, que se intente enganar aos cidadáns dunha forma tan evidente, arranxando o que se ve desde Fontiñas e descoidando o resto.
Seguridade.-
Taboada móstrase preocupada pola seguridade dos usuarios do parque. "Se un cidadán le na prensa que o Alcalde afirma que o parque está aberto ao público, poida que acuda cos seus fillos confiando en que hai as mínimas medidas de seguridade, pero isto non é así. Hai que ser moito máis rigorosos cando estamos falando de zonas ás que habitualmente a xente vai con nenos e maiores". |
|
|
|