| |

         
|
|
| |
A denuncia de Foéminas do Grupo Municipal Popular logra que se reduza o orzamento desta publicación virtual nun 82%
|
|
| |
18/07/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Sofía López Linares alégrase de que polo menos a presión exercida polo PP logre que se "malgaste menos". A publicación pasa de ter un custo de 11.136 € anuais a 2.000 €.
-
O último ningún número colgado en Internet está datado en marzo, o que demostra o pouco rigor na súa publicación.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular móstrase "moderadamente satisfeito" da redución do gasto na revista virtual Foéminas. O pasado mes de decembro a concelleira popular Sofía López Linares denunciou o pago de números inexistentes da revista, así como os seus pobres contidos e o alto custo que supuña cada número, polo que o Goberno pagaba 928 " mensuais.
O Goberno de Orozco defendeu a existencia da revista así como a súa "repercusión social", pero agora, sete meses máis tarde, asume a crítica do PP e reduce este gasto innecesario.
Foéminas pasará de ter un custo por número de 928 " a 500, o que demostra, segundo López Linares, que se pagaba cada número "moi caro". O aforro suporá que se pagará un 18% da cantidade inicial, aforrándose un 82%. |
|
| |
|
|
|
| |
Aínda así, o Grupo Municipal Popular considera pouco apropiado que un servizo polo que o Goberno desembolsa unha cantidade que segue sendo elevada, utilice os recursos do Concello. "A revista entrégase en castelán e é traducida ao galego por traballadores municipais. Os responsables, que reciben o pago, nin se molestan en colgala en Internet a pesar de ser unha revista virtual, senón que son os servizos informáticos do Concello quen teñen que realizar devandita tarefa". |
|
|
| |
|
|
| |
Prioridades.-
Sofía López Linares aclara que "non somos sospeitosos de estar contra as políticas de promoción da muller, xa que fomos pioneiros en Galicia neste campo, pero si estamos en contra de que, unha vez máis, o goberno de Orozco dedique recursos a unha publicación virtual de pouca transcendencia".
Dá a impresión que ao Goberno parécelle que 2.000 é pouco diñeiro, pero os populares cren que nun momento de crise, é importante non malgastar unha cantidade que pode supor a comida de 400 persoas. Isto é particularmente grave cando o propio equipo de Orozco tivo que recoñecer que as axudas por urxencia social duplicáronse no que vai de ano, e víronse obrigados a facer modificacións de crédito do orzamento para poder pagar axudas sociais.
López Linares indica que "os lucenses, aos que o Goberno de Orozco está cobrando cada vez máis impostos, han de ver que o seu diñeiro utilízase en cousas serias e necesarias". |
|
|
|