-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

García Díez responde ao desafío de Orozco cos contundentes investimentos dos gobernos do PP

 
 
17/07/2009
grupo municipal
     
 
  • O portavoz do Grupo Municipal Popular responde ao reto de Orozco enumerando investimentos por uns 135 millóns de euros correspondentes aos dous últimos mandatos.
  • García Díez afirma que "non tememos a unha guerra de cifras, pero tampouco creo que sexa algo particularmente construtivo. Iso que o fagan os historiadores, nós estamos para traballar por Lugo no presente".
 
barra
           
 
Joaquín García Díez defendeu hoxe a xestión realizada durante as etapas de goberno do Partido Popular no Concello de Lugo fronte aos ataques recibidos por parte de Orozco.

O portavoz do Grupo Municipal Popular respondeu ao reto de Orozco enumerando investimentos por uns 135 millóns de euros correspondentes aos dous últimos mandatos do Partido Popular.
 
       
 
 
       
 
García Díez recordou que "entrar en cifras é pouco rigoroso, porque todo o mundo entende que un millón de pesetas do ano 1995 era moito máis diñeiro que 6.000 euros de hoxe en día".

Como exemplo, o portavoz do Grupo Municipal Popular puxo as cifras do Salario Mínimo Interprofesional, que en 1.991 era de 320 euros e en 2009 de 624 euros, case o dobre.
Foto
 
     
 
 
     
 

Dotacións aos barrios.-

Por non enumerar todas as obras contidas nos documentos presentados hoxe por García Díez, sirvan de exemplo algunhas que afectan moi directamente aos barrios de Lugo e que se realizaron entre 1.991 e 1999:

  • Instituto de Carrero Branco (hoxe Fontiñas)
  • Colexio EGB Serra de Outes
  • Escola Politécnica
  • Terreos para instituto de Casás
  • Centro de formación do profesorado
  • Instituto Galego de ensino a distancia
  • Taller ocupacional e residencia de diminuídos físicos
  • Rehabilitación de naves de Frigsa para localización de servizos municipais.
  • Residencia de estudantes en Acea de Olga
  • Sala de exposicións Porta Miñá.
  • Novo parque de bombeiros en Garabolos.
  • Campo de Fútbol das Gándaras
  • Construción de piscinas descubertas de Frigsa
  • Construción de pistas de atletismo
  • Novo pavillón do Campus universitario
  • Novo pavillón da Piringalla
  • Novo pavillón de Pintor Corredoira
  • Centro Social de Lama de Prado
  • Centro Social de Fingoi
  • Gardería Serra de Outes
  • Centro Socio-Cultural en San Roque
  • Parque infantil de tráfico
  • Centro de saúde de Nadela
  • Centro de saúde de Illas Canarias
  • Centro de Saúde de Carrero Branco (hoxe Fontiñas)
  • Ampliación do polígono do Ceao
  • Parque do Miño
  • Convenio con Fomento para reforma de travesías
  • Construción da Feira de Exposicións
    ...

A esta relación habería que engadir as innumerables remodelacións de rúas, reurbanizacións, dotación de beirarrúas, alumados, arboledo"

O portavoz dos populares recordou tamén que na época da que falamos "non existía o 10% de aproveitamentos urbanísticos, que por certo púxose en marcha baixo o último goberno do Partido Popular, así que era aínda máis difícil lograr fondos desde o Concello, pero se fixo".

Non todo é diñeiro.-

A pesar do feito de que as cifras de fai quince anos están desfasadas, o portavoz popular non quixo facer unha actualización das mesmas porque "sería facer contabilidade-ficción, e iso fano mellor outros". Aos populares gustaríalles que o Alcalde explique se na relación de obras que presentou o outro día "incluíu tamén as que se destruíron aos poucos meses por estar mal planificadas ou ser solapadas por outras actuacións, como pasou co xardín da rúa Monforte, a mediana de Avenida das Américas ou os rebaixes de beirarrúas en Ramón Ferreiro".

Con todo, hai que recordar que "non todo é diñeiro" e que hai accións que repercutiron moi notablemente na mellora de Lugo sen que supoñan investir "nin un duro". García Díez puxo como exemplo a obtención do actual edificio administrativo da Rolda da Muralla polo que os lucenses non tiveron que pagar nada.

Traballando no presente.-

García Díez afirmou que "non tememos a unha guerra de cifras, pero tampouco creo que estar sempre revisando o pasado sexa algo particularmente construtivo. Nós estamos para traballar por Lugo no presente".

 
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo