-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular desafía ao Alcalde a convocar aos veciños de Paradai a arrincar herbas

 
 
16/07/2009
urbanismo
     
 
  • Jaime Castiñeira di que "é bo que o Alcalde se preocupe polas competencias doutras administracións na cidade, pero que o señor Orozco non descoide as súas tarefas".
 
barra
           
 
O concelleiro popular e deputado autonómico Jaime Castiñeira Broz, denunciou hoxe o mal estado das zonas verdes e rúas interiores do Plan Paradai. Este espazo afecta a unha gran área comprendida entre as rúas Río Sil, Bóveda e a prolongación de Duquesa de Lugo.

Silvas, toxos, maleza, pintadas" As zonas verdes de responsabilidade municipal están nun estado lamentable, e Castiñeira incide en que "este é un bo exemplo de como traballa a administración autonómica e a realidade do Goberno Local de Lugo". É destacable o contraste entre a nova obra do Plan Paradai, unha realidade que é froito da iniciativa do Partido Popular, que gobernaba na administración autonómica, a Deputación Provincial e o Concello de Lugo cando se elaborou este Plan, e o nulo mantemento das zonas responsabilidade do equipo de Orozco.
 
       
 
As obras non están recepcionadas de momento polo Concello de Lugo, pero esta administración é a responsable das zonas verdes por ser unha xestión feita a través da empresa municipal de vivenda e chan (EVISLUSA) tal e como "vendeu" o señor Alcalde en reiteradas ocasións.
Foto
 
     
 
 
     
 
Foto
Foto
 
     
 
Por se iso non fose suficiente, unha alta porcentaxe dos solares denunciados son propiedade municipal, para os que o señor Orozco anunciou en setembro de 2008 que o pasado mes de novembro estarían "valados e delimitadas as parcelas municipais", falando ata dun "modelo único de peche para mellorar a estética das parcelas que non estean en uso e evitar a mala imaxe que supón os terreos sen coidar para quen se achega á cidade".

Castiñeira referiu as declaracións do Concello do mes de setembro, nos que falaba dun "novo modelo de facer cidade". Para o Grupo Municipal Popular "ese modelo, o de facer a foto e despois esquecerse dos barrios non é o noso".
 
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo