| |
Modificacións de crédito.-
O Goberno informou esta mañá de que se ven obrigados a realizar modificacións de crédito, o que reflicte que os orzamentos non están ben feitos. Os populares xa advertiron no seu momento que as previsións non eran realistas, tanto polos ingresos (hai que recordar a importante caída neste concepto recoñecida por Sonia Méndez) como polos gastos, que se están demostrando moito maiores en conceptos relacionados coa crise económica e a mala situación que atravesan moitos lucenses. |
|
|
| |
O orzamento para urxencia social do ano 2009 era de 90.000 ". A día de hoxe xa se utilizaron 60.000 " dese orzamento, e a previsión actual é que, evidentemente, o diñeiro restante non chegue para atender as necesidades do resto do ano. Iso obriga a facer unha incorporación de crédito de 46.824 ", o que supón que se aumenta a previsión inicial en máis dun 50%.
Outro indicador de que as cousas "non van ben" é o das axudas ao aluguer (que cobren gastos de aluguer, auga, luz" para familias que non poden afrontar eses gastos) que se disparou este ano. Dos 3.383 " investidos nese concepto en mayo de 2008, este ano pasouse a 6.107 no mesmo mes.
Destináronse 3.000 " a cada traballadora social para facer fronte a gastos de urxencia social. Esta cifra poderase incrementar se a traballadora xustifica a súa utilización.
Plan de Axuda Social.-
O Grupo Municipal Popular considera que o Goberno Local está aceptando, pola vía dos feitos, o Plan de Axuda Social que os populares propuxeron o pasado mes de febreiro. Este plan rexeitouse cos votos en contra do PSOE e a abstención do BNG.
"A diferenza", explica López Linares "é que nós propuxemos que todas as medidas que agora estanse tomando de forma descoordinada e improvisada, acordásense por todos os grupos e as asociacións implicadas en axuda social, co apoio e asesoramiento dos técnicos municipais, facendo unha análise seria e rigoroso da situación á que nos enfrontamos. Orozco e o seu equipo rexeitaron sentarse a dialogar, e, unha vez máis, impuxeron o seu criterio, baseado en motivos políticos e non en datos obxectivos. O tempo está poñendo cada cousa no seu sitio pero o Goberno está reaccionando moi tarde". |
|