-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular denuncia insuficiencias na cobertura do servizo de bombeiros o sábado día 11

 
 
13/07/2009
interior
     
 
  • Só cinco bombeiros prestaron servizo ese día, en que "por sorte non houbo ningunha urxencia simultánea á inundación de Mestre Soutullo"
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular reitera a súa preocupación pola precariedad no servizo de bombeiros, que é moito máis acusada nos meses de verán pola imprevisión do Goberno Local.

O concelleiro popular, Enrique Rozas, móstrase moi preocupado pola falta de dirección do Equipo de Goberno, responsable deste servizo.

Inundación de Mestre Soutullo.-

Ás 7:40 horas do sábado produciuse un aviso de inundación na rúa Mestre Soutullo, ampliamente recollida polos medios de comunicación. Cando se produciu o aviso, estaba aínda de servizo o operativo do venres día 10, que ao non recibir instrucións de quedarse foi substituído polos seus compañeiros da quenda do sábado.
 
       
 
Enrique Rozas apunta que "o lóxico, habendo unha previsión de tan só cinco efectivos para o sábado, os compoñentes da quenda saliente, o do venres, recibisen instrucións de quedarse como apoio, de forma que Lugo non quedase desprotegido fronte a outra posible contingencia".
Foto
 
     
 
 
     
 
Os responsables municipais, con todo, non tiveron esta previsión, polo que Lugo quedouse con só os cinco bombeiros da quenda atendendo esta urxencia, "Se se produciu outro incidente, como de feito pasou unhas horas máis tarde, non sé como se puideron enfrontar a el". O sábado pola tarde, tres dos cinco operativos desprazáronse a Castro Ribeiras de Lea a realizar un servizo, quedando en Lugo só dous bombeiros. Afortunadamente non fixo falta a súa presenza e puideron regresar a medio camiño.

Preguntas ao Goberno.-

O Grupo Municipal Popular xa presentara o pasado 11 de xuño, na batería de preguntas que aínda están pendentes de contestación polo Goberno, unha en que se interesaba por "¿Que previsións ten o Goberno Local para garantir o servizo de bombeiros de Lugo durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro tendo en conta os permisos vacacionales""

Rozas apunta que "desde o Grupo Municipal Popular pedimos de forma reiterada que se melloren as previsións e que se coide este servizo, que conta cuns profesionais de gran valía pero en número insuficiente e que están mal coordinados, do que son responsables tanto o concelleiro delegado como o propio Alcalde".
 
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo