-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular propón recuperar para a futura praza de San Marcos os leóns orixinais de Sargadelos

 
 
11/07/2009
grupo municipal
     
 
  • O Grupo Municipal Popular considera que estas pezas de fundición, realizadas pola factoría de Sargadelos a mediados do século XIX, non deberían ser dispersadas en diferentes localizacións.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular, por boca do seu portavoz, Joaquín García Díez, propón que o Concello de Lugo volva expor os leóns orixinais realizados pola factoría de Sargadelos e recentemente restaurados.

O Goberno Local anunciou o pasado mes de abril que en menos de dous meses estarían dispoñibles estas figuras, e que só estaban á espera de ser pintadas. Para García Díez estas pezas, "de interese histórico e coñecidas por todos os lucenses, deberían estar situadas nun lugar en que todos poidamos gozar novamente deles".

Un dos lugares que probablemente se convertan nunha zona emblemática da cidade, é a nova Praza de San Marcos. "Sería unha boa opción que o deseño da Praza fixésese de forma que poida albergar estas pezas".
 
       
 
O problema é o anuncio do Goberno Local de que os leóns deberán estar a cuberto para a súa mellor conservación. O PP afirma que é fácil buscar formas de protexelos, xa sexa con tratamentos especiais como os que se aplican a esculturas nos diversos lugares en que están expostas á intemperie, ou introducindo no concurso de ideas da reforma da Praza un punto que faga referencia a esta problemática, para buscar entre todos solucións idóneas.
Foto
 
     
 
Mentres non estea decidido o futuro dos leóns, os populares propón que se trasladen a un lugar onde poidan ser gozados "desde xa" por lucenses e visitantes, podendo facerse unha cesión temporal ao Museo Provincial, ou instalándoos o Concello na sala Porta Miñá, o Museo de San Roque, ou calquera outra localización que se considere oportuna.
 
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo