-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular denuncia o mal estado da contorna de San Roque a pesar das recentes reformas

 
 
10/07/2009
medioambiente
     
 
  • Para os populares non é lóxico que "se invista en mellorar unha zona axardinada e permítase logo que nun par de anos se degrade".
  • O Concello gastou 29.000 euros (segundo anunciou no seu día o concelleiro José Piñeiro) en reformar esta zona en outubro de 2006.
 
barra
           
 
A concelleira Teresa Taboada denunciou hoxe o mal estado do Xardín de San Roque e a contorna do museo de xestión municipal que alí se sitúa. En concreto, nunha revisión pormenorizada da zona, a concelleira popular detectou os seguintes problemas:

Bancos sucios e despintados.

Zona de xogos infantís chea de pintadas (tanto no tobogán como no chan).

Fontes sucias e pintadas.

Lixo no céspede (paquetes de tabaco e botellas de cervexa baleiras).

Papeleiras moi cheas, que se baleiran de cando en vez e algunhas en mal estado.

Bordos do céspede rotos.



Tamén se detectou que hai unha zona que algunhas persoas utilizan habitualmente para beber alcol, acotío do día, situada a escasos metros da zona de xogos infantís, o que aparentemente causa o seu pouco uso polos nenos.
 
       
 
Taboada fixo mención aparte dos problemas detectados na contorna do Museo de San Roque. A escasos metros deste punto de referencia turístico aprécianse:
Foto
 
     
 
 
     
 
Foto
Foto
 
     
 
Foto
Innumerables pintadas nas paredes.

Lixo no chan e moita sucidade, con cheiros moi desagradables.

Roupa tirada, papeis queimados...
 
     
 
A concelleira transmite as múltiples protestas que lle transmitiron os veciños de San Roque, que cren que hai un problema de deixamento por parte do Equipo de Goberno de Orozco.

Responsabilidade municipal.-

A concelleira popular afirma que "coidar dos barrios non é investir unha suma de diñeiro cada varios anos, senón preocuparse de forma constante polo estado da zona, os seus problemas, necesidades, o coidado das instalacións alí situadas e manter unha comunicación permanente cos veciños".

Por outra banda, Teresa Taboada mostra a súa preocupación pola imaxe da cidade que se dá aos turistas na época de maior afluencia: "Un museo, polo que agora o Concello cobra entrada, non pode ter este aspecto".
 
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo